Análise e perspectivas para o recoñecemento do valor patrimonial, preservación e uso das embarcacións tradicionais.


O vindeiro día 18 de setembro vai ter lugar no Museo do Mar de Galicia unha xornada técnica sobre Análise e perspectivas para o recoñecemento do valor patrimonial, preservación e uso das embarcacións tradicionais.
A xornada ten como obxectivo coñecer experiencias de recuperación e marcos lexislativos de aplicación ás embarcacións que permitan o recoñecemento patrimonial das mesmas, a súa conservación e restauración así como o seu mantemento a flote, quer como testemuñas históricas, quer como un xeito de perpetuar os saberes tradicionais.
Porén, a xornada se iniciará cunha serie de palestras divididas en paneis temáticos. O primeiro panel versará sobre o marco normativo de fundacións e asociacións e os incentivos fiscais contemplados na lei de mecenado, como base para fomentar o apoio privado ás embarcacións. No segundo panel se expoñerán experiencias de recuperación e mantemento de embarcacións, en operación e como museo. Finamente no terceiro panel se detallará a experiencia francesa no tocante a conservación do patrimonio marítimo.
Vaise contar con expertos de Portugal e Francia para ver o que se fai noutros paises.
Esta xornada continúa o traballo iniciado nas xornadas técnicas do VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, organizadas, como a presente xornada, polo Museo do Mar e o Colegio Oficial de Ingenieros Navales y Oceánicos.
A asistencia é gratuita previa inscrición, para o que tendes o boletin en pdf, onde se amplía esta información.

5 cometarios sobre “Análise e perspectivas para o recoñecemento do valor patrimonial, preservación e uso das embarcacións tradicionais.

    1. nesas letras azuis que din
      “xornada técnica sobre Análise e perspectivas para o recoñecemento do valor patrimonial, preservación e uso das embarcacións tradicionais.”
      se pinchas ahi abrese o pdf

Comments are closed.