Syngenta Agro, editora do Almanaque agrícola, convoca un concurso sobre a Carpintería de ribeira, dotado cun premio de 650 euros e o traballo gañador será publicado no almanaque. O prazo de presentación de traballos remata o 30 de setembro.
Os traballos deberán ter como máximo 6 folios con letra e espazo normal, e teñen que recoller información sobre:
- Historia do oficio de Carpinteiro de Ribeira. Patrimonio e futuro do oficio.
- Comarcas ou poboacións galegas de especial importancia na construción naval de ribeira, e tipoloxía das embarcacións fabricadas.
- O oficio. Tipos de madeiras. Tempos de tala e secado. Máquinas e ferramentas. Esquemas debuxo e gráficos.
- O proceso de fabricación.
- Refráns, ditos, cancioneiros, lendas, e pequenos contos relativos ao oficio.
Os concursantes deberán enviar os seus traballos a Syngenta Agro, referencia “CONCURSO”, a A Relva s/n 36400 Porriño (Pontevedra)
(Vía Astilleros Lagos)