Esta é a crónica da regata de Fasquía feita por Fernando Piñeiro:
O pasado fin de semán votou a andar a tempada de Dornas a Vela, que organizada pola Federación Galega pola Cultura maritima e Fluvial a través das súas asociacións.
A primeira saída douse na Illa de Arousa, a encomenda tocoulle a Asociación Fasquía da Illa. Como se esperaba a participación foi alta, perto de cuarenta embarcacións, chegadas dende toda a ría de Arousa e algunha da de Pontevedra, representando a O Grove, Ribeira, Cambados, Vilanova, a Illa e Portonovo.
Tomaron a saida dende no Campelo caro o peirao do Xufre para facer un percorrido que iba ata o Faro do Seixo para voltar logo por unha boia por fora das bateas do cantiño, no Canal, a punta do Campelo na Illa de Arousa, e pasar polo Xufre, duas veces.
O vento coma casi sempre foi determinante, xogou o capricho, na saida frouxo, que levou as dornas ata o Faro de Seixo nun rumbo N. Este en popa, mirando a Vilanova e logo a medida que as embarcacións viraban e poñian rumbo a segunada boia, que estaba situada por fora das bateas do Cantiño, no canal da Arousa, recibían unha bolina facil que as mais rapidas aproveitaban para andar camiño, era un esprin antes de tomar as decisións que farían gañar ou perder postos. Ali na 2ª boia, no canal, xogabase a regata, chegabase rapido, logo as estratexias eran determinantes: tiñase que pasar unha Boia no Campelo e outra na mesma punta do muelle do Xufre. Oubo uns que decidiron seguir cara N. Oeste, buscando un rumbo largo e rapido, sin cambios de vela e tiraron para o canal, soportando o mar que facía unha navegación a botes. E os que se foron cara a Illa directamente tratando de atallar, nunha bolina moi dereita poñendo a proba os patróns e as dornas. Outros non fixeron nin unha, nin outra cousa, e foron os mais perxudicados o quedar entre medias.
Na primeira volta a que sería o final gañadora, a Necora da ACD. Dorna, xa se amosaba intratable, detrás o resto das favoritas e un longo pelotón, a Bazarra tamén da ACD. Dorna, buscaba terra xunto coa Cariñosa do Nautico da Illa, e sorprendían os primeiros escalado posicións, alí seguían a Fuxe, Zoa, Lajarta e Chunga, buscando consolidar postos.
A segunda volta foi moi parecida a primeira, agás algo que o final resultou determinante, a disminución do vento, circuntancia que os primeiros moi pouco notaron pero que os do final padeceron na súa totalidade, facendo as diferencias entre uns e outros moi grandes.
A Necora con Braulio de Jarri, non cedeu, por terra rematou sorprendendo a todos a Bazarra maxistralmente patroneada por Juan Luis Pardavila e a proa con Eduardo Bueno, que fixeron segundos e detrás a Cariñosa con Checo e Victor, despois a Lajarta e fixo quinto a Fuxe de O Grove.
Un éxito nesta primeira regata do Trofeo Galicia de Dornas a Vela, que terá a súa continuidade o vindeiro Sabado, coa regata dos Faros no Grove, organizada polos Amigos da Dorna Meca. Por diante todo o verán.