Crónica da XXIII Volta á Illa de Arousa

Fernando Piñeiro envíanos esta crónica do sucedido na XXIII Volta á Illa, que parece foi algo movida:

A volta á Illa de Arousa densenvolveu este sabado pasado a súa XXIII edición, e non faltou ás expectativas, incertidume, espectaculo, tensión, sorpresas, algún desos grandes almacéns pode dar mais?
Xuntaronse dornas das tres Rias: Arousa, Pontevedra e Vigo, e chegaron case as 50, non bateron co record, fallou algún.
O día amenazaba chuvia e un ventiño, non era malo, pero a medida que se iba acercando a saída o vento iba a máis tirando fresco do sur-suroeste, e este foi coas dornas o protagonista.

Saíron as embarcacións, cara o vento nunha bolina que xa fixo pensar os primeiros, uns emborcaron, e outros coa prudencia que acompaña a sabiduría adoitaron non seguir, pero non sucedeu así co mais groso do pelotón, alí escomezaron todos a bolinar rumbo sur para encarar o primeiro paso polo Faro da Lobeira de Cambados, a saída en cada regata e determinante pero aquí empezaron tamén a contar os kilos e as mañas de patrón, rapido os favoritos escomezaron a asomar pola cabeza despois dunha saida cando menos rara.

Pola mente dos organizadores pasou a suspensión da proba, os mais potentes con toda a vela arriba rumbo o remate. A “Cariñosa” con Checo e Victor asomaba como principal candidata, por ali tamén andaban os de sempre e algún máis que aportaba o seu saber a unha regata dificil: Pereka, Necora, Fuxe, Maruxa, Bazarra …. Noelia que se deixaba ver con salva Allo e Lino StaMaría.

Outros a esas alturas xa estaban reparando paus, bancos ou vergas, o vento era esixente e puxo a proba os materiais, das 50 que sairon chegaron 20 polos seus medios, esto fai a épica da Volta á Illa.

Suliñar que os medios de seguridade funcionaron a perfección, moitos foron remolcados e sempre houbo unha lancha disposta ante un problema.
Preguntar que tramo foi mais dificil é unha cuestión de peso, os lixeiros dicían as bolinas, era dificil aguantar a vela e moitos optaron pronto por poñer rizos o tramo inicial e o final os dous marcaronse en bolina. E os mais potentes suliñaron que o que transcurría polo oeste da Illa, nunha popa perigosa na que se iba con moito coidado.

O desenlace final foi impredecible e inesperado. A Cariñosa directa como un foguete, algo que sen dubida merecían o Checo e mais Victor pois xa o ano pasado uns “gholfos” no temón os privaron da victoria, segunda a Bazarra bolinaba dereita cara a meta seguida da Necora, Perka, Noelia, Maruxa e Fuxe (que xa trincara a verga polo camiño). E nestes intres cun vento que non paraba de zoar a Bazarra o tomar a boia da liña de meta emborca o cal lle deixa o camiño libre a Necora que para non ser menos prende no temón cuns cabos, visto esto Antonio Dorado e Alberto Vicente “Chica” fixeronse coa 2ª praza e 3ª nunha fantastica regata Salvador e Lino a bordo da Noelia, despois Tomás Perez acompañado polo singular Isidro Mariño fixeron 4º coa Maruxa e 5º pai e fillo, os Parada do Grobe, nunha magnifica lección a pesares de vir averiados.

Para rematar, chuvia, festa e as caras cheas de frio e auga sinais de que aquelo non fora un paseo. Rematara outra volta para o recordo, na que Pardavila e Edu emborcaron na liña de meta. Ánimo.

4 cometarios sobre “Crónica da XXIII Volta á Illa de Arousa

  1. foi unha regata impresionante, sobre todo vivindoa como participante, foi moi dura e a vez bonita, e unha desas regatas nas ke un aprende moitisimo e nas ke un pensa ke as dornas xa non son como as de antes, aqquelas que eran pa jovernar a vida que o unico que querian era vento pa chejar pronto a terra!
    Firmado:
    o nelo, tripulante da PETELA

    1. Non é normal que unha regata empece con 50 barcos e remate con 15, por parte dos que saen sen ter en conta as posibilidades as circunstancias e por parte dos que fan as cousas avante “por collóns”, non hai tanto en xogo como para poñer en xogo a seguridade de tanta xente, porque durante a empopada a aljún se volvcara, (como estiveron a punto moitos) ibanlle chejar os collóns á jorxa porque aquelo non era coña.

      1. VOLTA A ILLA.
        Pareceme seria e oportuna a reflexión que fai “Anonimo” sobre o contraste de saida é arribadas da última Volta a Illa de Arousa.
        Eu nesta non poiden participar, pero si o fixen noutra hai 2 ou 3 anos onde chegaron 7, algúns aguantamos ate casi o remate pero por prudencia a poucos metros retiramonos. Lembroa tal como dí o Nelo. IMPRESIONANTE. Pero estou contigo neso de SI É NECESARIO SAIR POR COLLÓNS SEXA CAL SEXA A REGATA.
        Por eso os que organizamos probas nos gustaría a opinión da flota.
        Por certo menudas cariñas arribaban. Pero que peito sacaban.
        FORZA FERROL

    2. Lastima o desa dorna tan fermosa, que rompechedes?

      Pero a miña pregunta é: Querían tanto vento como o doutro día? …. ou que puto e jodido vento se levantou, porque os collía no mar.

Comments are closed.