Aínda que as portas do salón Náutico de Barcelona abrieronse ao público dende o sábado día 7 ata o domingo 15 de novembro, para os representantes da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial o Salón Naútico durou algún día máis.
Mércores 11: seleccionouse todo o material que se ía levar a Barcelona e trasladouse ao Museo do Mar de Galicia para centralízalo.
Xoves 12: cargouse todo o material nunha furgoneta que saíu cara a Barcelona da man do primeiro equipo da expedición galega, formada por Uxio e Manolo (Cultural Dorna) que se encargaron de montar o stand e atendelo ata o martes día 10
Martes día 10: Uxio e Manolo regresan a casa xa que chegou o relevo formado por Braulio e Arturo Loureiro (Mariñeiros de Bouzas e Club de Mar de Ferrol).
Xoves 12: pola noite incorporase Victor (o presi) para participar nas xornadas técnicas que teñen lugar no Museo Marítimo. Acompañao Laura (a súa filla) que reforza a atención no stand da Federación.
Venres 13: Victor e Braulio participan nas xornadas técnicas
Sábado 14: A expedición galega presenta na taberna da Mariña Tradicional do salón Naútico o documental sobre o IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, acompañounos no acto o Grupo de gaitas do Centor Galego de Barcelona.
Domingo 15: á última hora da tarde, Braulio e Arturo desmontan o stand e o cargan na furgoneta.
Luns 16: O segundo equipo traslada a furgoneta ata o Museo do Mar en Vigo
Martes 17: un equipo da asociación de Mariñeiros de Bouzas descarga todo o material.
Compre destacar que o Salón Náutico deste ano notou fortemente a crise, xa que reduciu o seu espazo á metade con respecto ao ano pasado.
Polo que respecta a nosa Federación hai que salientar que tanto nas xornadas técnicas como no espazo da Mariña Tradicional (onde tiñamos o stand), establecéronse importantes contactos de cara a iniciar accións encamiñadas ao recoñecemento das embarcacións tradicionais, tanto no plano legal como na súa valorización pola sociedade en xeral.
3 cometarios sobre “Crónica do Salón Naútico de Barcelona”
Comments are closed.
Admirable o compromiso e o esforzo dos compañeiros que foron a Barcelona, contribuíndo a manter á FGCMF como referente do labor a prol das embarcacións tradicionais e do patrimonio marítimo en xeral, en todo o Estado español.
Os meus parabens.
Tranquilidade: tampouco esto é máis ca seguir a senda que outros iniciaron co mesmo compromiso e traballo…pero sin recibir felicitacións tan efusivas. Xente que, por certo, non fai do seu compromiso coa cultura marítima, nin coa cultura en xeral, ningunha clase de negocio.
Moi ben, polo tanto, pola felicitación pública pero non estaría de máis que se fixese extensiva, que me gustaría facer, a tódolos antecesores dos actuais representantes.
Un cordial saúdo
Pois, como para críticos non nos gaña ninguén, non está mal de cando en vez compartir en voz alta cos compañeiros e compañeiras o que está ben feito, no mesmo intre, sen ter que deixar pasar dez anos. Canto aos devanceiros, outras veces deixeme levar pola mesmo orgullo de pertencer á FGCMF e, tamén nesta páxina, ficou rexistrado o entusiasmo que me produciu a organización do Encontro de Cambados, e, un chisco antes, na revista do Encontro da Illa, puxen de manifesto os meus parabéns polo traballo feito por todos e todas ata daquela. Ou sexa, aínda que sexa unha reiteración, a realidade da FGCMF é o resultado do compromiso e o traballo que día a día asumen os membros das asociación e, de xeito, singular, os que se arriscan (non é unha licencia literaria, ou senón que llo digan a Fernando Piñeiro) a ter postos directivos.¿Quen pode dubidalo?.
Non sei a quen llo mando, pero, de todas maneiras tamén aí vai o meu saúdo.