Parece que se van poder abandeirar embarcacións tradicionais noutros paises da UE, que non sexan España, ao tempo que se poderá navegar en augas españolas.
A recente modificación do imposto de matriculación permite finalmente que calquera poida navegar cun barco de lecer matriculado noutro pais sendo de nacionalidade española. Ata agora a norma obrigaba a matricular en España se o propietario era español. Por tanto en teoría sería posible matricular unha dorna en Bélxica ou Holanda e navegar con ela nas rías legalmente.
Esto pode ter importantes repercusións, xa que as normativas de aplicación ao barco son as do pais de matriculación e non o de navegación. Polo momento non hai información completa sobre o procedemento e os paises nos que sería interesante facelo por facilitar a matriculación de embarcacións tradicionais, que, como é sabido, en España é unha aventura que acaba dependendo do criterio persoal de cada Capitán Marítimo.
Ábrese a posibilidade dun camiño para matricular barcos noutros paises da UE, pero como soe suceder co relacionado coa administración marítima hai zonas na normativa que ainda non están totalmente claras polo que habera que esperar a ver como lle vai aos primeiros que o intenten.
Máis información en Navegar e en La Taberna del Puerto
3 cometarios sobre “Dornas belgas?”
Comments are closed.
O tema é un pelín máis complexo.
O que ven a dicir a nova norma é que quen traia unha embarcación con bandeira extranxeira poderá manter a bandeira de orixe sempre e cando liquide os impostos correspondentes na axencia tributaria.
¿esto soluciona algo directamente ás embarcacións tradicionais? Non.
Soluciona casos sangrantes como o do Rana, que agora pode manter a súa bandeira de orixe e olvidarse das paranoias da Capitanía Marítima de turno.
¿Como pode solucionar o tema das embarcación tradicionais? Pois a cuestión sería declarar unha construccion por aficionado da embarcación en particular nun pais no que as condicions para este tipo de construccións fosen moi lixeiras, e logo declarar en España unha importación.
A todo esto, hai que ter en conta que hai que manter as condicións, en seguridade, titulacións, comunicacións,… que teña o pais de orixe, e ahí poderíanse ter os problemas, por exemplo en Holando creo que hai algún requisito de comunicacións que non sería doado cumplir.
Esta claro que esta pode ser unha vía para navegar “legalmente” cos nosos barcos, pero o tema require dun estudio moi detallado.
Hai uns anos os navegantes franceses “fóronse” masivamente a Bélxica, esto obrigou a Francia a modificar a súa normativa. É de esperar que ante a nova vía que se abre para navegar baixo bandeiras extranxeiras a Dirección Xeral da mariña mercante recapacite nas súas exixencias, tanto para as embarcacións autoconstruidas, como para as embarcacións tradicionais, pero veremos…
Que conste que todo esto non sería preciso si as exencións que establecen as normas de matriculación para as embarcacións tradicionais se estivesen aplicando, pero non parece que haxa vontade, incluso cando lle citas nunha capitanía que as embarcacións tradicionais non necesitan proxecto míranche como si foses un marciano…
O que dí Joaquín é moi axeitado, e penso que hai que comezar a explorar activamente estas novas vías.
Na Bélxica e outros paises admiten a matriculación de embarcacións construidas por afeccionado noutros paises, ou así o entendo eu. Ver por exemplo as páxinas de “Pavillón Belge”:
http://www.pavillon-belge.com/procedure_immatriculation_pavillon_belge.html
Saúdos.
Bos dias a tod@s.
O que dicides é moi certo, é máis, espero que faga reflexionar ós que realmente mandan na DGMM española, porque precisamente o caso Belga que Guillermo trae aquí a exemplo, foi moi soado e fixo reflexionar fondamente a Administración marítima Francesa.
En Francia ó sair promulgada esa nova lexislación Belga, todo o mundo empezou a matricular en Bélxica, incluso os que xa estaban abandeirados, e a administración Gala non lle quedou outra que dar marcha atrás.
Aquí o lado temos Portugal, que ate 6 metros de eslora creo lembrar, permite a construcción por aficionado; pero xa non só iso senon tamén é mais doado pra os de máis eslora en asuntos coma os tanques de augas grises ou as comunicacións. Opción moi interesante a portuguesa pra os que teñen un veleiro clásico por exemplo.
Un saudo