Foro Proamare: a rede vital do mar

O vindeiro 27 de xuño vai ter lugar no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, o Foro Proamare: a rede vital do mar. O proxecto Proamare ten como finalidade potenciar o turismo marítimo entre a rexión Galicia-Norte de Portugal a través dunha estratexia turístico-económica onde se estimule a utilización dos espazos transfronteirizos como destinos turísticos de calidade.

Antes do Foro propiamente dito asinarase o protocolo de creación da Rede transfronteiriza de valorización do patrimonio marítimo por parte das entidades promotoras e as relacionadas co patrimonio marítimo, e logo terá lugar o Foro co tema Posta en valor e mecanismos de cooperación do patrimonio marítimo, onde participará Víctor Fernández, presidente da FGCMF, xunto cos representantes das administracións galegas e portuguesas que forman parte do proxecto.