Fotos do II Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Coruxo 1995


Estos días que estamos a traballar no IX Encontro, que a Federación ingresa en EMH, que preparamos unha expedición ao Seixal con 15 barcos, e en resume que as cousas van indo, é tamén bo momento para mirar atrás e lembrar cando se empezaba, cando había que traballar con moi poucos medios, e cando a xente pouco sabía dos nosos barcos.
Jose Manuel Rodriguez acaba de enviarnos unhas fotos feitas no II Encontro, en Coruxo no 1995, xa hai 14 anos. Nelas veredes que non había tantos barcos como agora, pero xa empezaban a notarse as velas tradicionais na Ría, e que xa os amigos portugueses compartían con nos o Encontro.
Pasaron moitos anos, antes do II Encontro xa se fixeran moitos traballos, moitos se fixeron despois, e moitas foron as persoas que traballaron para que os vellos barcos non morresen, e para que algúns renacesen, como a Nova Marina.

4 cometarios sobre “Fotos do II Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Coruxo 1995

  1. Grazas por estas fotos, agora falta que alguén se busque polos caixóns fotos de Riveira, O Grove e Rianxo, para ir pechando o ciclo. Eu tiven a ocasión de estar en ese peirao de Coruxo e a verdade que vendo o que hoxe vemos chegamos a conclusión do traballo andado e podemos pararnos a apreciar, ainda mais, si cabe, o esforzo de eses primeiros que a peito levaron a diante esa tarefa.

    Saúde
    F. Piñeiro

  2. En este II Encontro se aprecia una gamela guardesa a vela: “???dosa”.
    Que ha sido de ella?, quién la tiene?, donde está?
    Saludos
    Oswaldo

    1. Hola Oswaldo, esa guardesa trouxeraa daquela o clube de remo Robaleira da Guarda; segundo as miñas pesquisas, que falei con unha das directivas da asociación de redeiras da Guarda e que está tamén no Clube de remo Robaleira, esa guardesa parece ser que é a que está agora no museo do pobo galego en Santiago. Eu lembraba que ía patroneada por un velliño, que dixéronme que ainda está vivo; daquela en Coruxo eu falara co vello este e dixérame que a vela era auténtica (das de antes)e lembro como me explicou que dias antes do encontro coma fora ó monte a buscar casca dos piñeiros, como a machucara e cocera, e como a bañara na casca pra tela a tempo pra Coruxo.

Comments are closed.