Como xa sabedes a representación galega en Brest 2012 non foi moi grande, sobre todo comparada coa de 2008. Oficialmente había 17 persoas na expedición, pero realmente non somos quen de decir exactamente canta xente estivo en Brest, poida que máis de 40, porque foron moitos os que apareceron para botar unha man, xa fora no mar, xa fora no stand ou xa fora coa música. Queremos dar as grazas a todas esas persoas, oficiais e non oficiais, que non podemos nomear unha a unha pero que elas saben quen son, polo esforzo e os cartos investidos en estar en Brest, pero sobre todo polo espíritu co que estiveron, sempre ao quite, botando unha man, sen que fixera falta que ninguén llo pedise.
Se todos os membros da expedición fixeron un bo traballo, queremos nomear a Ángeles e Mercedes, redeiras de Malpica que foron o principal punto de atración do noso stand. O seu traballo, e sobre todo a súa actitude fixeron que o noso stand estivese cheo de xente continuamente, e axudaron moito a establecer unha boa relación cos veciños do village.
Posiblemente, o pouso máis importante que deixa a delegación de Galicia en Brest é a actitude aberta, acolledora, alegre, e integradora da nosa xente.
Como era de supoñer houbo problemas, imprevistos, etc. que dificultaron cumprir co planificado, por exemplo o fallo da wifi durante varios dias impediu que se elaborase un blog específico para o evento como estaba previsto, pero con todo pódese decir que se cumpliron cos principais obxectivos:
- Os nosos barcos navegaron todos os días, facendose ver entre os miles de barcos que había na Rada de Brest.
- Foron moitas as persoas que pasaron polo noso stand, algúns para velo, outros para falar con nós sobre os aparellos, sobre as nasas que levabamos, ou sobre as visitas que xa tiñan feito a Galicia, outros para recoller información útil para visitar Galicia (os mapas de Galicia e os folletos en francés sobre as rías e as instalacións náuticas voaron en moi pouco tempo), e outros incluso para mercar un palangre de calidade.
- Establecimos moi boas relacións cos veciños do “Village” sobre todo cos croatas, irlandeses e holandeses. Estivemos no acto oficial de conmemoración dos 20 anos da Festa de Brest, onde interviu Pablo Carrera en representación da FGCMF. Tamén estivemos na entrega de premios do concurso “Mémoire des Ports d’Europe “, e por suposto recibimos todo tipo de apoio da Federacion bretona (FRCPM-Bretagne) a quen lle agradecemos o trato recibido.
- Mantiveronse contactos cos organizadores doutros eventos para ver da posibilidade da participación neles da FGCMF no futuro, e en xeral estableceronse lazos que esperamos manter no tempo.
Artesanía de Galicia financiou a presenza das redeiras. O Museo do Mar de Galicia prestou a exposición e obxectos para ambientar o stand. Os folletos de información que se repartiron foron proporcionados pola Secretaría de Turismo da Xunta, por Margalaica.net, pola asociación de redeiras O Fietal de Malpica, e pola empresa Porto-Muiños, que tamén aportou unha mostra dos seus produtos para desfrute da expedición e que foron compartidos cos veciños de Croacia, Irlanda e Holanda a quen lles gustaron bastante. A todos grazas.
Queremos agradecer o comportamento da organización para con nós. Sabemos o traballo que da facer un Encontro, e Brest é máis de 20 veces maior que o que nos facemos. A pesar de ter que organizar a presenza de tanta xente, o trato foi excelente e cordial en todo momento.
Para ter información máis detallada do sucedido en Brest 2012 podedes ver os post que sobre o evento están a subir ao blog da ACD Dorna. Conforme se vaian subindo fotos, videos ou crónicas por outros membros da expedición iremos dando conta delas aquí.