AGALCARI, a Asociación Galega de Carpintería de Ribeira organiza os días 10 e 11 unhas xornadas sobre construción naval en madeira.
Van ter lugar nas instalacións do Club Náutico de San Vicente, en Pedras Negras, no Grove, no marco da Mostra de Embarcacións Onde se vive o mar.
Con estas xornadas preténdese iniciar a posta en valor deste tipo de construcións ante as xentes do mar e a sociedade en xeral e poñerlles de manifesto as calidades inherentes ás embarcacións de madeira.
Tamén pretende ser un foro de debate entre todos os axentes que interveñen nos procesos que están presentes na construción naval en madeira.
E por último, conseguir que as distintas administracións e institucións coñezan as liñas de traballo a seguir para a elaboración do regulamento de construción naval en madeira
O programa é moi atractivo e con participación de persoas con amplia e variada experiencia no mundo da construción naval.
Actualización: En Todogrove.com podedes ver fotografias, e un video das xornadas