O futuro dos noso barcos está ligado ao futuro dos carpinteiros que os construen e manteñen. Este sector non pasa por tempos moi bos, pero a pesar disto hai movementos esperanzadores.
Está en marcha un proxecto moi interesante denominado “Carpintería de ribeira: estratexias innovadoras”, con fondos europeos xestionados pola Fundación Biodiversidade e o Centro Tecnolóxico do Mar de Bouzas. O equipo de traballo que leva esta iniciativa está formado por Santi Cancelas (carpinteiro de ribeira de Moaña), Enrique Otero (director da Escola Obradoiro “Mar de Vigo”) e Dionísio Pereira (historiador).
A Xunta, dentro da campaña de Campamentos, organiza en Moaña un Obradoiro de Carpintería de Ribeira para mozos /as de 18 a 30 anos, podedes ter mais información en Vieiros.
E por último podedes ler un recente artigo do enxeñeiro Guillermo Gefaell titulado “A innovación na construcción naval en madeira en Galicia e Portugal”. A páxina que Guillermo mantén sobre a carpintería de ribeira é moi interesante, ten abundante información e podedes ver, por exemplo, o proceso de construcción dunha buceta de Muros con listóns de eucalipto e resinas epoxídicas