Na volta do camiño. Blog

Dionísio Pereira acaba de abrir Na volta do camiño, un blog persoal. Dionísio é coñecido de todos os interesados no patrimonio marítimo e fluvial polo seu traballo neste campo, e entre outros moitos méritos ten o de ser o primeiro presidente da FGCMF.

O seu blog pretende ser por un lado un sitio no que ir recollendo toda a súa produción científica, non só a relacionada co mar senón tamén a notable investigación feita sobre a historia dos movementos sociais en Galicia ou a relacionada coa Terra de Montes, e por outro lado un espazo no que compartir as súas reflexións. Parabéns a Dionísio por esta iniciativa que vai facilitar a difusión dun traballo de moitos anos.