Na asamblea do pasado sábado 4 de febreiro incorporouse como membro da FGCMF o Instituto de Estudos Miñoranos.
Como representantes do Instituto acudiron Xosé Lois Vilar e Roberto Rodríguez, que fixeron unha presentación do Instituto e das suás actividades, especialmente do traballo que ambos están a levar adiante na recollida da hidrotoponimia da zona do Val Miñor.
Este traballo foi premiado no concurso da IV Romería Etnográfica Raigame, e publicado no número 22 da revista Raigame, co título de “Os nomes do mar”.
Dóuselle a benvida e felicitouse aos representantes do Instituto polo seu meritorio traballo.