O estaleiro de Purro volve estar en perigo


A Demarcación de Costas, dependente da Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y del Mar (Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino) acaba de dar dous meses de prazo á Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura para que determine se o Estaleiro de Purro, en Bueu, é un ben inventariable ou merecente doutro tipo de protección. Caso de que pase o prazo e non sexa obxecto de protección será derrubado.

Membros da Xunta Directiva da FGCMF mantiveron o pasado venres unha reunión cos Galos de Bueu e coa directora do Museo Masso para recabar información sobre a situación do estaleiro e prantexar actuacións para lograr a protección desta instalación única en Galicia.
Parece que é necesario un último esforzo para salvar este estaleiro, que puido sobrevivir ata aquí polo traballo feito polos Galos nestes anos e que agora precisa o apoio de todos.

Cando noutras partes de España se laian de que xa non teñen carpinterías de ribeira, ou cando noutros sitios se asume a importancia deste tipo de instalacións, como en Malaga ou Pasaia, aquí ainda hai xente que só ve nelas ruinas. Por sorte tamén hai outros grupos, como Anduxía, que apoian a recuperación de Purro.

9 cometarios sobre “O estaleiro de Purro volve estar en perigo

    1. O Concello inicialmente está a favor de que se conserve pero con certas modificacións ( que son materia doutro debate )
      A clave de todo está no que digan as outras administracións públicas. Esta é unha ocasión na que poden demostrar urbi et orbe se o patrimonio marítimo lles interesa de verdade.Non valen escusas dicindo que ” non podía ser ”
      A decisión final é delas por muito que se queiran pasa-la pelota unha ás outras.

    2. O Concello debe mollarse e cumprir as súas promesas electorais. O apoio dos Concellos é impotantisimo na conservación destes elementos patrimoniais. Non se pode lavar as mans e dicir que é cousa de Patrimonio na busca de quedar ven con todo o mundo. Hai que axudar a convencer os veciños da importancia e valor cultural e turistico desta carpinteria de ribeira.

  1. Desde meu punto de vista, e prácticamente imposible falar de navegación tradicional e de patrimonio marítimo se non temos en conta as carpinterías. Nos, en Sada, estamos traballando tamén colabourando co pouco que podemos de momento para intentar que non nos peche a derradeira carpintería da zona.
    ¿cómo vamos logo a facer os barcos?
    Doutra banda, non pode ser que unha carpintería non estea a beira do mar. Así que desexo profundamente que se manteña, esta e outras carpinterías. Cando se extingan, gastarán cartos e cartos en facer un museo imitando unha delas, pero non haberá carpinteiros, haberá maniquies vestidos como tal e videos explicativos do que as autoridades afogaron
    Ogallá isto non suceda, e Ogalla que o turista poda chegar a visitalas, sendo mais fermmosas ca unha recreación , e por suposto, mais rentables

  2. Estou totalmente de acordo con Miguel de Sada.

    Ver o empece dun barco, coas suas cuadernas e no seu entorno (asteleiro) todo en sí é unha obra de arte
    gracias a estes mestres carpinteiros de ribeira.

    Estos asteleiros arranchados un pouco e con axuda de voluntarios ou algunha asociación para explicar e guiar as visitas,pode ser un novo reclamo turistico para os concellos onde se atopen estas instalacións.

    1. A verdade e que ben o do turismo pode estar moi ben, pero así as cousas penso que habería que escomezar por amosarllo a maior parte da poboación de Galicia que seguro o descoñece. Vamos que teñamos ou non teñamos turistas o que temos e PATRIMONIO e é a nosa obriga conservalo e debería ser coñecelo.

      O Sorro

      1. Chegar a esta situación debería ser xa vergoña dabondo para Concello, Costas e Dirección Xeral de Patrimonio, sobre todo estes últimos.
        Noutros lugares hai administracións que mercan as instalacións, fan proxectos de intervención, crean espazos educativos e turísticos e fanse cargo dos seus custes porque simplemente é a súa obriga.
        Aquí é a sociedade civil, neste caso a través da vida asociativa, quen coida deste ben, quen o xestiona, e quen se pelea para poder conservalo…
        A Carpinteiría do Purro é unha Oportunidade, un Valor Activo… Como hai que llo explicar a quen ten que “apoiar” o traballo incansable da sociedade civil?

  3. olá sou um antigo pescador de Apúlia Esposende (portugal) vivo e trabalho na Alemanha.
    tenho um grande respeito pelo vosso trabalho e acho que merece ser salvo, eu pelo meu lado vou construindo pequenas embarcações para me distrair só assim , mato a saudade que tenho do mar.
    procuro no entanto desenhos ou fotos antigas para reproduzir essas embarcações do povo e de todos nós, se houver alguém que as tenha agradecia o contacto, obrigado.

Comments are closed.