Ata o 18 de decembro está en fase de emendas na Comisión de Justicia do Congreso de los Diputados o Proyecto de Ley de Navegación Marítima.
Esta lei ten un tamaño considerable, 524 artigos e varias disposicións de distinto tipo, e pretende unificar, actualizar e coordinar co Dereito Marítimo Internacional a lexislación española sobre navegación marítima que está dispersa en moitas normativas. Evidentemente tamén ten como obxectivo responder ás innovacións aparecidas no transporte marítimo nos últimos anos e que causan problemas de todo tipo aos cidadáns.
No que respecta aos barcos de interese patrimonial, a Disposición adicional novena. Buques históricos y réplicas di:
1. Los buques y embarcaciones históricas y sus reproducciones singulares podrán matricularse y abanderarse en un registro especial en los términos que reglamentariamente se determinen por el Gobierno. Dicha reglamentación establecerá, asimismo, un régimen simplificado de certificación e inspección al que estarán sometidas ese tipo de buques y embarcaciones.
2. Los buques y embarcaciones incluidos en el Inventario General de Bienes Muebles del Patrimonio Histórico Español o declarados bienes de interés cultural y los que revistan un interés especial por haber pertenecido a alguna personalidad relevante o intervenido en algún acontecimiento de trascendencia histórica, además de inscribirse en el registro que se cita en el párrafo anterior, gozarán de un régimen especial de carácter fiscal y de la exención de tasas portuarias en los términos que reglamentariamente se determinen por el Gobierno de acuerdo con los instrumentos de fomento y protección reconocidos en la legislación sobre Patrimonio Histórico.
Parécenos unha excelente noticia a existencia na lei desta mención a un rexistro especial para este tipo de barcos, así como unha inspección simplificada, pero consideramos que é moi restrictiva ao mencionar unicamente os barcos históricos, xa que hai barcos que sen entrar estrictamente neste grupo merecen o mesmo trato. Entendemos que o criterio de histórico debe ser reconsiderado e que debería ser a administración competente en materia de Cultura quen identifique os barcos con valor cultural ou patrimonial que merecen o trato especial que recolle este proxecto.
(Imaxe Sueste)
4 cometarios sobre “O Proxecto de Lei de Navegación Marítima está tramitándose no Congreso”
Comments are closed.
Non nos enganemos, Buques e Embarcacións Históricos son unha cousa e Embarcacións Tradicionais son outra.
Nesa disposición adicional só se fala das históricas. Habería que conseguir que incluisen outra disposición máis falando das tradicionais exclusivamente.
Todo o demáis son espellismos.
Un saudo a tod@s.
Tés razón José Manuel se unicamente vemos o primeiro punto. Pero faría unha lectura (iso sí en clave de futuro) do segundo punto que di textualmente: ” Los buques y embarcaciones incluidos en el Inventario General de Bienes Muebles del Patrimonio Histórico Español o declarados bienes de interés cultura”. Precisamente os BIC, dependen das autonomías (Cultura é unha competencia transferida ás autonomías). Temos que avogar, xa que logo, a que Galicia (máis concretamente as súas Institucións) asuman e leven a cabo o que xa levan prometendo dende hai algún tempo. Por ser inclusivo, aquelas embarcacións que estean no inventario dun Museo xa serían de seu un ben conservar. A oportunidade é acadar en Galicia ese marco de protección a aquelas embarcacións históricas, tradicionais e mesmo singulares que se consideren.
Pablo, faz muitos anos que defendo as embarcações tradicionais como Bens Culturais de Interesse Publico, portanto, como dizes, urge um inventário de todas as tipologias, quer originais quer replicas.
A ver se desta vez se avança.
Abraço e bons ventos.
Pablo bos dias.
Disto ti e máis eu xa temos falado máis veces, mais vou falarche moi clariño outra vez máis.
Na cultura marítima lévase xa 20 anos “facendo lecturas en clave de futuro” e o que fai falta é falar xa en presente porque as nosas embarcacións tradicionais non é que vaian en declive, é que van en caida libre!. Estades dándolle a Administración, tanto Estatal coma Autonómica, a idea de que as embarcacións tradicionais son algo que xa se parou de construir/fabricar (algo así coma os coches históricos) cando o que hai que facerlles entender é que son embarcacións actuais que se seguen a construir.
O que fai falta é fomentar que a xente, os propietarios particulares, sigan usando pro seu lecer gamelas, dornas, etc. Soamente así seguirán vivas, non conservándoas en Formol coma viría sendo o BIC. Iso é un atranco administrative tan grande que os donos non van tramitar. Mira eu aparte da gamela teño un veleiro clásico e cando foi que saiu a normative sobre augas grises e negras tentei toda-las formas posibles pra pasa-las inspeccións, incuido ve-lo do BIC, pero nin así me eximían de ter que reformar o barco e meterlle un tanque pra augas negras máis depuradora; ó final non me quedou outra que precinta-lo retrete e meter un químico.
Se queremos fomentar o uso das embarcacións tradicionais polos particulares, que son o colectivo que realmente lle volvería a dar pulo, non soamente polas asociacións, HAI que facer duas cousas (e fáloche coma mariño): unha, que pra facer novas embarcacións non haxa que presentar proxecto ningún (voltar a norma anterior a 1994) e duas, que as embarcación menores de 24 metros (ou 20 se queres) non haxa que matrícula-las; que ca folla de Asento abonde, tal e como se fai nos paises do Norte de Europa (e o Norte empeza ó Norte dos Pirineos). Nestes paises, coma é no caso de Francia, co NIB (Número de identificación de Buque) abonda, e en muitos non fai falta nin iso.
Mentres sigamos xogando ó xogo do “lobby” dos enxeñeiros navais españois, isto non vai levantar cabeza. É a miña opinion.
Se queres que sigamos debatindo disto racionalmente xa sabes onde localizarme. Unha aperta.
Saudos a tod@s.