O Santa Maria Manuela. Un exemplo a seguir.


O Santa María Manuela é un lugre de 62,83 m de eslora construido en Lisboa en 1937 para a pesca do bacallao.
Este barco, xemelgo do Creoula, está a ser recuperado para converterse nun barco-escola en Ílhavo. Nun principio creárase unha fundación para levar adiante o proxecto, pero logo de anos de impase, unha empresa, Pascoal & Filhos S.A., armadores de pesca do bacallao, decidiron coller nas súas mans a responsabilidade de guiar o proxecto, e darlle viabilidade económica.
Para manter informados a todos os interesados neste barco crearon un blog, no que están a difundir datos, fotografías e testemuños sobre o barco, a súa historia e o seu futuro.
Que armadores da pesca do bacalhao, unha empresa privada, se impliquen nesta fermosa tarefa é algo que hai que aplaudir, apoiar, e esperar que sirva de exemplo para outras empresas relacionadas co mar.

2 cometarios sobre “O Santa Maria Manuela. Un exemplo a seguir.

  1. Aí temos un exemplo máis por se facía dalos, que na Europa hainos ben deles que cando se quere e se ten unha vontade, proxectos de recuperación de navíos desta envergadura son posibles. Portugal outra vez nos ensina o camiño. E aquí mentres tanto qué sucederá co Bernardo Alfageme ?
    Como sae nas series de TV hai un Continuará ? Suspense, intriga e anguria é a sensación que nos queda ante o próximo capítulo deste serial

  2. Estão na verdade de parabéns as gentes da região de Aveiro/Ilhavo, mormente a firma Pascoal & Filhos, por
    mais este fabuloso contributo em prol da cultura marinheira de Portugal.
    Pena è que na Galiza não tenha tido igual andamento o também fabuloso projecto de recuperação do Bernardo Alfageme.
    Quando o homem pensa, e Deus quer, a Obra nasce.
    Cereja – Vila doConde

Comments are closed.