Os Bens de Interese Cultural (BIC) relacionados co mar e os rios

Ven de facerse pública a relación oficial de Bens de Interese Cultural (BIC) inscritos no Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Esta é unha excelente noticia polo que supón de cambio na política de acceso á información de este tipo que senón estaba vedado si que certamente non era fácil de conseguir. Ainda que xa existía unha listaxe de BIC na Wikipedia non era oficial.

Que un ben se xa declarado BIC non é garantía de conservación ou de axudas, pero sempre dá máis forza a aqueles que queiran traballar na súa preservación ou activación. Pola contra, que un ben sexa BIC implica un deber de tutela da Administración, a quen hai que notificar e pedir autorización para facer calquer intervención nel.

Repasando esa listaxe podemos ver dúas cousas interesantes, por un lado só hai dous bens mobles e os dous son cadros, e por outra que os bens que teñen relación co mar ou os ríos en Galicia son ben poucos, e moitos deles son castelos e fortificacións que foron declarados BIC de forma conxunta con outras construcións do mesmo tipo no ano 1949.
Para ser exactos os BIC que aparecen relacionados co mar ou os rios son:

  • Castelo do Príncipe en Ameixenda (Cee)
  • Castelo do Cardeal en Queixas (Corcubión)
  • Torre de Hércules
  • Castelo de San Antón (A Coruña)
  • Castelo de San Felipe (Ferrol)
  • Castelo de San Carlos (Ferrol)
  • Batería de San Cristovo (Ferrol)
  • Batería de Viñas (Ferrol)
  • Arsenal de Ferrol
  • Castelo da Palma (Mugardos)
  • Ponte e Igrexa ( Santa María) de Vilanova (Allariz)
  • Ponte romana “Ponte Pedriña”, Bande (Boborás)
  • Muíño de San Mamede de Moldes (Boborás)
  • Ponte de Bibei (Trives)
  • Torres do Oeste (Catoira)
  • Muíños de Folón ou Picón (O Rosal)
  • Torre da Lanzada (Sanxenxo)
  • Conxunto formado pola Ponte Vella e a capela da Nosa Señora dos Remedios (Ourense)

A imaxe de arriba é do Castelo da Palma en Mugardos que pecha a entrada á ría de Ferrol polo sur. (Imaxe de PepedoCouto)

(Vía Galicia Confidencial)