Os Patexeiros convidan a celebrar o fin de ano nas antípodas

O vindeiro 31 de decembro ás 12 da mañá, os Patexeiros convídannos a celebrar o fin deste ano 2020 nas antípodas a bordo das súas embarcacións tradicionais.

Desde a asociación prometen todos os elementos para que os habitantes da illa de Guam entren no 2021 como mandan os cánones; con uvas, cava (tamén en versión sen alcohol) e cotillón. Trátase dun evento apto para todas as idades.

Cada ano, os Patexeiros escollen un lugar igual de paradisíaco que Sada pero situado no outro cabo do mundo para homenaxear nesta despedida. Se o pasado ano foi o turno das Illas Salomón, este ano tocoulle a Guam.

Para saber máis, podedes contactar cos Patexeiros no correo electrónico ospatexeiros@gmail.com.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.