Francisco Franco, director do Aquarium Finisterrae de A Coruña, fará un repaso do coñecemento científico do mar e das especies mariñas enumeradas nas obras de Verne, especialmente na novela 20.000 leguas baixo dos Mares. A conferencia será impartida mañá xoves 26 as 20:00 no salón de actos do Museo do Mar de Galicia, con entrada libre, e terá como título “Os peixes de Nemo: bioloxía mariña en 20.000 leguas baixo o mar”.
A segunda metade do século XIX caracterizouse por un auxe da investigación e exploración científica, dando pé a grandes expedicións científicas como a do Beagle, con Darwin a bordo, e especialmente a do Challenger. Coñecemento científico que tamén tivo seu reflexo en España tal como amosou a exposición do Museo do Mar de Galicia ca exhibición de parte do material recollido na expedición ao Pacífico comandada polo galego Paz e Membiela. Moito deste coñecemento foi dado a coñecer á sociedade a traveso da obra de Verne.
Francisco Franco del Amo (Bergondo, A Coruña; 1960) é Doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago. Logo dunha estadía en Estados Unidos e na propia Universidade de Santiago, en abril de 1995 incorporase á equipa técnica dos Museos Científicos Coruñeses, deseñando o propio acuario que dirixe dende 2002. E autor de diversos artigos de investigación e colabora con diferentes medios de comunicación para á divulgación científica