Anfaco en colaboración coa Consellería de Pesca, organiza unha serie de conferencias sobre o sector, que pretenden difundir entre a sociedade o importantisimo papel da industria conserveira no pasado e no presente, a súa evolución, e repercusión no desenvolvemento socioeconómico de Galicia.
As conferencias, abertas ao público en xeral, están a cargo de Xoan Carmona, Catedrático de Historia das Institucións Económicas da Universidade de Santiago, e un dos mellores especialistas neste tema. En A Nosa Terra hai unha interesante entrevista co profesor Carmona.
A próxima conferencia será o día 13 no Auditorio do Concello en Vigo ás 20:00 horas. As seguintes serán en Coruña e Vilanova de Arousa. Máis información no programa.