Pastoreando baleas

Fernán López, guía en espazos naturais, ofrece unha fermosa ruta para coñecer a historia da caza das baleas en Galicia e tamén facer unha reflexión sobre o comportamento do ser humano ao respecto dos recursos naturais. A ruta ten catro paradas, tres en San Cibrao: a súa atalaia, a carpintaría de Fra no mesmo San Cibrao, e o Museo Provincial do Mar; e finalmente Caneliñas, na parroquia de Ameixenda, concello de Cee, última factoria activa na caza de baleas.

Esta ruta non é un simple paseo polos lugares mencionados. Arredor dos puntos que se van visitar e dos elementos que se van ver neles unha serie de personaxes, case todos históricos, axudarán a entender todo o mundo da caza das baleas. No blog de Fernán Entre azul e bos días hai moita información sobre o nacemento desta ruta e na páxina de facebook de Rutas Vivas algúns post sobre grupos que xa fixeron a ruta.

As persoas que desexen facer esta ruta poden contactar con Fernán a través da páxina Rutasvivas.com. O prezo da ruta é fixo independentemente do número de persoas, a este prezo só hai que engadir os custes de acceso a algunha instalación, e a comida e o transporte se o grupo así o desexa.

Esta ruta é o exemplo de como se pode crear un bo produto turístico ou educativo arredor do noso patriminio marítimo, desde o mais recoñecido ata os elementos máis cotiáns. Recomendamos unha visita demorada ao blog Entre azul e bos días.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.