Dionísio Pereira acaba de publicar o artigo “O patrimonio marítimo galego na súa diversidade” no número 63 da Trabe de Ouro.
O artigo ofrece unha visión do patrimonio como un recurso identitario e sobretodo socioeconómico, fonte de emprego e riqueza, na beiramar e nos ríos.
Presenta tamén, ideas de futuro para desenvolver ese recurso mediante un programa de activación patrimonial, e repasa algunhas iniciativas que como Mar de Lira, Acquarium/Galicia co Nauja, ou Vapores del Atlántico co Hidria, xa teñen un camiño andado e poden servir de referencia a outros.
Agradecemos a amabilidade de Dionísio Pereira, de Paco Fernandez Rei e da dirección da revista A trabe de Ouro que nos permite difundir este texto.