Patrimonio marítimo galego: un diagnóstico actual

Dionisio Pereira publicou un artigo no número 3 da Revista Adra: revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego, titulado Patrimonio marítimo galego: un diagnóstico actual.
Neste artigo, que pasa revista a situación actual do patrimonio, pon ao dia traballos anteriores do mesmo autor incorporando as últimas investigacións.
Agradecemos a Dionisio Pereira a autorización para difundir este traballo.

7 cometarios sobre “Patrimonio marítimo galego: un diagnóstico actual

  1. Está moi ben o artigo. Pregúntome eu… ¿hai algunha biblioteca que agrupe estes documentos (comezando polos mesmos libros citados nas bibliografías como as deste artigo) relacionados co patrimonio marítimo e fluvial?

    1. non señor, non hai ningunha biblioteca “ao uso”, supoño que no Museo do Pobo terán que te-lo, dijo eu…
      Eu tamén teño unha ampla colección, peroestá na miña casa.

      1. Aí falastes… as bibliotecas. Coñezo algunhas pero falta a boa e especializada. É triste que un teña que ir a Santiago a consultar alá os fondos que existen. E da gracias que non haxa moita xente ese día que si non… Por outra o horario é moi pequeno.
        En Ferrol recoméndase a biblioteca do museo da marina.
        É unha biblioteca xeral, pero de temática marítima. Rebuscando aquí e acolá pódense atopar cousiñas…
        En Bueu no museo Massó ,que conta con bós fondos antigos, estáse constituíndo unha biblioteca de temas marítimos. Fáltalle moitas cousas novas pero o peor é que está fechada a cal e canto ó publico xeral.
        E Vigo… ben está a pertencente á antiga escola náutica que ten un pouco disto e do outro .Caso aparte sería saber onde foron a parar os fondos da biblioteca mariñeira de Bouzas esquilmados tras o 36. Non vos é de pouca monta pois as estimacións eran de máis de 10 mil volumes ! Eis a versión viguesa do capítulo de desmantelamento cultural da dictadura que sirve de tema central á novela de Manuel Rivas ” Os libros arden mal ” Onde foron parar ? Ninguén o sabe …
        En resume ;que como os particulares non teñan fondos adquiridos por eles mesmos, as bibliotecas de titularidade pública amosan un panorama en canto a temas marítimos é francamente pobre. E ademáis , moi desfasado e atrasado en bibliografía moderna en linguas extranxeiras. Hai que espabilar !

        1. Aproveito istes dias de ledicia institucional, pra
          seguindo a liña de, tentar mostrar a cultura e o patrimonio da nosa ria, o que se coce por eiqui arriba vaia.
          Benvida seña calquera acto que promocione, divulgue
          etc. a cultura marítima. A creación dun listado dos
          nosos bens e a primeira pedra, o meu entender, pra comezar a facer algo. ¿Como imos a lembrar se non
          sabemos o que temos?. Espero, despois de isto, que
          non se que en listados.
          Amosovos unha parte do noso patrimonio, unha parte
          que, polo de agora, quedouse en listados. Tratase do
          Dique da Cabana, que con mais de dous séculos de
          ver mar, e considerado como o dique civil mais
          antigo de Galicia e probablemente dos mais
          antigos de España. Pois se os listados quedan niso, en listados, pasa como co dique, que se non se
          fan actos isto caese, vease o Hidria.
          En todo caso felicitacións por ista ou
          calquera acción, que seña pra salvar o noso
          patrimonio. Pero que non se quede soamente en
          listados, e entre todos,[img_assist|nid=7481|title=|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=67] tentar salvar o que
          temos. [img_assist|nid=7482|title=|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=67][img_assist|nid=7483|title=|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=67][img_assist|nid=7484|title=|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=67][img_assist|nid=7485|title=|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=67][img_assist|nid=7486|title=|desc=|link=popup|align=left|width=58|height=100][img_assist|nid=7487|title=|desc=|link=popup|align=left|width=65|height=100][img_assist|nid=7488|title=|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=66][img_assist|nid=7489|title=|desc=|link=popup|align=left|width=67|height=100]

          1. Tanto as fotos antigas, como a do ria no dique,
            pertencen a:cadernos Ferrol. Análisis. club de prensa de ferrol.
            En concreto están sacadas do caderno 18 de
            FerrolAnalisis co titulo, Los diques de Ferrolterra,
            de D. Alejandro Anca Alamillo.
            Tratase de un libro moi ben ilustrado, que
            amosanos a historia, dos diques da nosa ria. Ven
            acompañado dun DVD cun documental do tema.
            Istas imaxes son da colección de Ricardo
            Nores Castro, ainda que no libro non veñen
            datadas. No libro data a construción do
            asteleiro o redor do 1810. De todas formas
            recomendoche o libro.
            [img_assist|nid=7516|title=|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=67]

          2. ¿Patrimonio da humanidade?
            Istes dias, paseando a carón da ria, sego a voltas
            cos famosos listados. Vendo como se cae o patrimonio
            gostariame pensar nuns listados pra escomenzar a sua
            salvación e non pra gardar a memoria historica do
            que imos perder, pra cando xa non esté.
            Axuntamentos prometen, Xunta promete, xa so nos
            falta a ONU, pero compañeiros isto segue caendo.
            O noso patrimonio segue soportado polos petos
            dos particulares, que con moito esforzo, e ainda
            mais corazón,van recuperando embarcacións e o que
            se poida pras rias.
            De ista ria marchou o Galatea (4 millons de pts.),
            o AZOR e unha longa lista de bens, vendidos por catro
            patacóns, e o que quedou e porque non tiñan forma de levalo.
            Queden eiqui as imaxes, pra lembrar o que se
            pode ir se non se lle pon remedio. E que istes
            listados do noso patrimonio, señan a guia pra sua
            recuperación.
            Da que pensar que co custo dunha sala do Gaias,
            salvariase, o mellor, gran parte de iste patrimonio
            polo que todos loitamos.[img_assist|nid=8061|title=O vispón|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=67][img_assist|nid=8062|title=O vispón|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=67][img_assist|nid=8063|title=Castelo S. Felipe|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=67][img_assist|nid=8064|title=Embarcadoiro da cabana|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=67][img_assist|nid=8065|title=salinas do Olmo|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=67][img_assist|nid=8066|title=Ferrol Vello|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=70][img_assist|nid=8067|title=Galatea|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=59][img_assist|nid=8068|title=Galatea|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=69][img_assist|nid=8069|title=Antigo Asteleiro- Dique da Cabana|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=67]

Comments are closed.