A Associação Náutica do Seixal organiza o curso Pinturas Tradicionais em Embarcações do estuário do rio Tejo como parte do programa cultural 2014 do Projeto Raposinho. A inscrición pode facerse ata o vindeiro día 1 de marzo.
Os barcos do Tejo actualmente mostran unhas fermosas e complexas pinturas nos seus cascos. Este tipo de ornamentación parece datar de principios do século XX, ainda que anteriormente xa había outro tipo de decoración. A Associação Náutica do Seixal quere con este curso axudar a transmitir o saber dos mestres que crearon estas fermosas embarcacións e crear un ambiente onde poder compartir os coñecementos, o saber e a cultura asociados a esta arte popular.
O Projeto Raposinho ten como obxectivos promover a construción, recuperación e utilización regular de embarcacións tradicionais, e tamén sensibilizar as autoridades locais para a promoción da Vela Tradicional do rio Tejo como un instrumento de desenvolvimento económico, social, cultural e ambiental.
O Raposinho é un catraio construído en 1984, adquirido pola Associação Náutica do Seixal en 2007 e que está rexistrado como parte da Marinha do Tejo. Con este barco a Associação participa asiduamente na activación e preservación do patrimonio maritimo do Tejo. Foi a necesidade de reparar este barco o que dou orixe ao nacemento do projeto a primeiros do 2013.
Rcomendamos unha visita demorada ao blog do Projeto Raposinho porque nel hai moita información de interese sobre o Raposinho e sobre a navegación tradicional no Tejo, e polas fermosas a abundantes fotografias que se poden ver.