Procurando dornas nai

No foro La taberna del puerto acaba de abrirse un fio para localizar dúas dornas nai que foron fotografadas hai 20 anos en Portonovo, e tamén ver si aparecen outros exemplares.
O ano que ven o Encontro é en Carril, e sería interesante poder contar con algúns destes barcos.

20 cometarios sobre “Procurando dornas nai

  1. Dende a Asociación Calmoseira, estamos a realizar un proxecto de recuperación desta tipoloxia de Dorna Nai, temos avanzado algo en canto a planos de fornas. Estamos interesados en este tipo de embarcación

  2. Eu son patrón dun bote de Ribadeo chamado Alivanta. E fixen varias travesías navegando xunto a dorna Teresa fondeada en Ares e participante en regatas como a do propio Ares, Redes ou Sada. Ten as características da que identificades como dorna nai. Podense ver fotos deste verán na web do Marítimo de Redes , e incluso no blog dos patexeiros de Sada. Exemplo: fotoblog de caamouco.net Vela Tradicional 2010 B088.

    Un Saúdo, Juanjo

    1. Dis esta, non?

      Penso que non parece exactamente unha dorna nai, mais ben unha dorna xeiteira con aparello de cangrexa. Habería que vela fora da auga.

      1. Certo, é a da foto. O caso e que non sei distinguilas. E no fondeo no que está en Ares, tampouco se poden apreciar no detalle a súas formas.

        Un saúdo.
        Juanjo ” Alivanta “

  3. Supoño, se os deuses non o impiden,que participará nos Encontros a dorna “Nai” da R. e I. Cofradía da Dorna de Ribeira como o ven facendo desde a súa botadura ás augas do mar de Arousa.

    1. Hola,

      Son Bea, a filla de Arlillo.
      Con respecto ás dornas, non hai moito tempo o neto de González Garra díxome que tiña os veleros do seu avó, O Folerpa e o Cisco, na súa casa da Comboa.
      Por outra banda, gustaríame contactar coa xente que está a organizar o encontro de embarcacións tradicionais no 2011, polo legado gráfico e documental que o meu pai deixou. Penso que gustaríalle ter contribuído ainda que desgrazadamente xa non poderá disfrutalo.

      un saudo

      1. Carlos Comendador (Arlillo)foi un grande amigo da Federación nos seus duros comezos, asistindo aos primeiros encontros, informándonos das regatas de dornas “nai” na Vilagarcía dos anos 50 e participando en coloquios e conferencias. Aínda posúo artigos que publicou no períódico enviados por el, que a Federación debería ter no seu arquivo, agora que está organizado. Gracias a persoas como el, puidemos saír adiante. Debémoslle un recoñecemento á súa figura e agradecemento á súa familia por gardar a súa memoria. Se cadra o Encontro de Carril sería un lugar e un intre acaído para unha lembranza, acompañada de material gráfico e xornalístico.

        1. Supoño que tanto Bea como Dionisio xa o sabredes, pero hasta min chegaron unhas fotos de “Pasarín” ou semellante onde se recollen momentos de aquelas regatas, alguén por Vilagarcía terá mais, seguro.

          Apertas.

  4. Como podo publicar unha foto aquí? O outro día vin unha Dorna Nai(de nome DORNA I) montada nun remolque en Catoira. Saqueille un par de fotos.

  5. Ahí van esas fotos prometidas. A ver quen pode ofrecer información.[img_assist|nid=16506|title=|desc=|link=popup|align=center|width=500|height=375][img_assist|nid=16505|title=|desc=|link=popup|align=center|width=500|height=375]

    1. Parece unha dorna nai, polo menos a popa é moi similar ás das “nai”.
      A ver si alguén sabe onde vai este barco.

      1. esa dorna está neste momento a piques de ser reparada no taller de domingo ayaso en aguiño, e parece ser que ven de vigo.

        1. Anxo e Xaime, moitas gracias polas fotos e a información. Intentaremos conseguir máis informacion dese barco.

          1. Fai uns anos esta misma dorna foi reparada polo carpinteiro Victorio en Meira-Moaña sobre principios dos 90. Solia estar fondeada en Teis o caron do muelle da ETA, no costado de estribor no banco da bañeira ten un pozo para o foraborda e lastre en bloques de cemento no interior.

Comments are closed.