Programa das Xornadas “Bueu vive o mar”

Baixo o título de “Bueu vive o mar”, a Asociación de Embarcacións Tradicionais Os Galos de Bueu, coa colaboración do Concello de Bueu e do Museo Massó, organiza as primeiras xornadas da cultura mariñeira.As xornadas inclúen palestras, obradoiros, navegación e moito máis; incluíndo xornadas de portas abertas nas que o público asistente poderá participar nos traballos de mantemento do bote Vila de Bueu.

Descrición das actividades

Xornadas de portas abertas

Consistirán en dar a posibilidade a calquera persoa a participar nas labores de restauración e conservación das embarcacións tradicionais de Bueu.
A actividade desenvolverase no estaleiro de Purro, onde vararemos o bote polbeiro “Vila de Bueu”

Presentación da revista “Os Galos” nº14

Farase unha presentación da revista realizada pola asociación, na que colaboran escritores, poetas, historiadores e defensores da cultura martítima.

“A fasquía da chalana”

Obradoiros para nenos/as a partir de 7 anos no que construirán a maqueta dunha chalana, que poderán levar para casa. O grupo máximo de participantes será de 10 persoas e contará con dous monitores/as.

“As cores da chalana”

Obradoiros para nenos/as a partir de 4 anos no que pintarán unha maqueta dunha chalana previamente construída. O grupo máximo será de 10 participantes e contará con dous monitores/as como mínimo.

Visita guiada “Crecer co Mar”

Farase unha visita guiada á exposición temporal no Museo Massó.

“Atando cabos”

Obradoiro de nós mariñeiros no Museo Massó, no que aprenderán a facer 5 nós básicos. A inscrición realizarase no propio Museo, e o aforo dependerá do protocolo a seguir.

Navegacións pola ría

Realizaranse navegacións pola enseada de Bueu coas embarcacións da asociación, e de outras asociacións que se acheguen, como se ven facendo habitualmente nos encontros.

Iniciación á vela tradicional

Actividade na que mediante inscrición persoas alleas á asociación poden iniciarse na navegación en embarcacións tradicionais. Os/as participantes poderán anotarse no estaleiro durante o horario das xornadas de portas abertas.

Botadura “Vila de Bueu”

Unha vez rematados os traballos de mantemento da embarcación procederase a botalo ao mar na praia da Banda do Río, coa axuda dos participantes.

Demostración de largada dunha rapeta

Dende dúas embarcacións en na praia da Banda do Río, procederase á demostración dunha arte de pesca tradicional. Esta actividade vense realizando nos últimos anos e cóntase con permiso pertinente para facela.

Proxección

Proxección sen son do vídeo de construción do bote polbeiro Vila de Bueu no estaleiro de Purro. A imaxe ficará proxectada ata as 24h.

Homenaxe a Mörling

Consistirá nunha ofrenda dende o mar coas velas izadas ao son das buguinas, para apoiar o acto que se celebrará en terra por parte do concello.

Bote polbeiro

Programación

Luns 1319 a 21 hXornadas de portas abertas
21hPresentación do nº14 da revista “Os Galos”
Martes 1411hObradoiro para nenos/as “A fasquía da chalaniña” (a partir de 8 anos)
19 a 21hXornadas de portas abertas
Mércores 1511hObradoiro para nenos/as “As cores da chalaniña” (a partir de 4 anos)
12hVisita guiada “Crecer co mar” Museo Massó
19 a 21hXornadas de portas abertas
Xoves 16 (Día do Carme)18hNavegación pola enseada de Bueu
Venres 1712hObradoiro Museo Massó “Atando Cabos”
18hIniciación á vela tradicional

 

(Os/as interesados/as anotaránse no estaleiro de Purro no horario das xornadas de portas abertas)

Sábado 1817hBotadura do bote “Vila de Bueu”
18hNavegación pola enseada de Bueu
20hDemostración largada dunha rapeta
21hProxección do vídeo de construción do bote “Vila de Bueu”
Domíngo 1911hNavegación ata a Banda do Río
12hHomenaxe Staffan Mörling
12:30hIzado de velas
14hRumbo á praia de Beluso

Para máis información: galosbueu@yahoo.es

* En tódalas actividades tomaranse as medidas oportunas de prevención para o Covid 19.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.