A FGCMF ven de enviar aos partidos políticos que concorren ás eleccións do vindeiro domingo o documento O patrimonio marítimo e fluvial. Propostas para os partidos políticos que concorren ás eleccións ao Parlamento de Galicia 2012 (resumo executivo) no que se fai un breve repaso da situación do patrimonio marítimo e fluvial galego, se repasan tamén as iniciativas promovidas ou nas que participou a FGCMF nestes catro anos pasados, e sobre todo fanse unha serie de propostas para que sexan estudiadas polo goberno que saia das eleccións.
A FGCMF ofreceuse asimesmo a colaborar cos partidos no que teña que ver co patrimonio marítimo e fluvial, na súa preservación e sobre todo na súa activación e socialización.