As redeiras e atadoras de Galicia teñen presencia na Rede a través do web da Federación Galega de Redeiras Artesás “O Peirao”.
A Federación, naceu no 2004, co obxectivo de dignificar a profesión.
Pretenden mellorar as súas condicions de traballo e ingresos, aumentar a visibilidade na sociedade, mellorar a formación e garantir o relevo xeracional.
No seu web pódese acceder a información sobre as socias e o seu traballo, as actividades que desenvolven e documentos de utilidade para o sector. Son especialmente interesantes as conclusións dos encontros de redeiras, porque dan unha informacion moi clara da situación no sector e das medidas que a Federación está a levar a adiante para mellorala.