A Universidade da Coruña, a través do seu Servizo de Publicacións, ven de tirar do prelo unha reedición revisada e ampliada da obra de José María de Juan-García Augado “La carpintería de ribera en Galicia (1940-2000)”, dúas décadas depois da súa publicación.
No libro poderedes encontrar un exhaustivo percorrido polos materiais, procesos e técnicas desta disciplina; así como reseñas dunha multitude de carpinteiros de ribeira que exerceron o seu oficio no período obxecto do estudo.
A obra xa pode ser adquirida en librarías.