Rematou a carga dos barcos

Xa están cargados todos os barcos. Cargouse onte en Bouzas




E en Ferrol



Tamén se cargou onte en Bueu e hoxe na Coruña, polo que xa están todos os barcos cargados, e camiño de Brest.
A avanzadiña da FGCMF que se vai encargar de recibir os barcos, descargalos e preparar a chegada do groso da expedición tamén xa está en Brest.

Xa están cargados todos os barcos. Cargouse onte en Bouzas

8 cometarios sobre “Rematou a carga dos barcos

  1. LADRAN PORQUE CABALGAMOS ,esta frase lembro dela dun señor da miña terra coñecido por que tiven que padecelo gobernando a metade da miña vida. O amigo dos pazos ese tal Sr. Lopez Chaves ,como o noso compañeiro Antón Pais o describe, fixo unha interpelación no parlamento de Galicia, non sei si por escrito ou oralmente,naturalmente eu pensei que como representante do pobo seria para criticar a Conselleira de Cultura polo escaso orzamento que dispón a xunta para a festa marítima de brest,sen dubida a mais importante de Europa,e na que Galicia e convidada de honra,acto que en Ferrol e nos VIII encontros de Galicia,Brest formalizou a bordo dunha fermosa goleta desprazada a nosa cidade a tal fin, teño de recoñecer que son un verdadeiro parvo, era polo despilfarro que supón o desprazamento a Brest, dunhas xentes da nosa federación que por primeira vez na súa historia ven recompensado o seu traballo co recoñecemento dunha institución que ate hoxe a ignorou inculturalmente, exceptuando a posta en escena do acto de Fraga en cuba onde mostrou de forma practica e ante escritores e políticos de outros países,como se apaga o lume dunha queimada, introducindo un lacón na ola , acto que describe Vázquez Montalvan nun libro e que era un dos presentes, nin que dicir ten a repercusión mundial que tivo un acto tan tremendamente cultural. Sabe en verdade con que esta xogando o PP? ao manter a un individuo desas características, como voceiro de “cultura” no parlamento de Galicia, sabe? o PP que ese Sr. Esta xogando co sentimento e traballo non retribuído de moitas xentes que en toda Galicia nos eidos fluvial e marítimo recuperamos as faragullas do noso grande patrimonio cultural, material e inmaterial que aínda podemos, refacendo de novo o que todos vostedes levan anos destruíndo, pois terá este home moita sensibilidade polo Pazo de Meirás, pois se cadra e propiedade de algún amigo seu, pero nos témolo por cousas que foron e aínda son productivas e mataron a fame de moitas xentes da nosa Galicia,Gamelas Chalanas Bucetas Dornas Botes Galeóns Trincados e unha inmensa chea de tipoloxías de barquiños que vostede polo que se ve descoñece,xa que e moi posible que ao estares afundidos baixo as terras dos recheos que xentes como vostede fan ,e non estarán nunca fartos de facer, inposibilitaos para velos. Pois ben nos somos amigos de todas estas cousas que a vostede deben producirlle algún tipo de alerxia, e o nome de moitas das nosas asociacións e amigos da dorna amigos das embarcacións tradicionais etc. , quédese cos seus pazos e déixenos en paz coas nosas Gamelas.
    Algúns ilustres políticos sempre pensan que son os mais listos do planeta , nunca perden eleccións,nunca din parvadas, e sempre están amolando aos que os mantemos, pero en moitas ocasións levan leccións do electorado como levaron os que gobernaron en Ferrol, e que intentaron un acoso e derribo con asociacións populares e emblemáticas, e desto non esta libre ninguén incluídos os que gobernan hoxe se non toman boa nota. A nosa FGCMF, non ten por finalidade meterse en fregados nin debates parlamentarios e si ser respectuosa coas institucións goberne quen goberne , pero ante un ataque como o que se produce contra a dignidade de asociacións e persoas que a formamos(moitas delas se cadra votantes de ese individuo) non debe estar calada, pois os que despilfarran son particulares con nomes de asociacións que anteriores gobernos da Xunta de Galicia favoreceron con subvencións coas famosas fundacións que eles montaron,a pesares que os responsables de tales festexos publicamente admitían que era para lucrarse. Si o partido popular quere ter o respecto dos galegos penso que debe esquecerse de practicas deste tipo e espero que publicamente desautorice a este patético personaxe, xunto a outros que están a escenificar por Galicia algún esperpento importado de outros reinos no que aseguran que en Galicia corre perigo o que eles chaman idioma EGPAÑOL, cando a UNESCO xa hai anos que declarou o idioma GALEGO a única lingua da península, en risco de extinción e por desgracia estase cumprindo, pero

      1. desgracia estase cumprindo, pero naturalmente perder o idioma que foi o mais culto da península tamén debe ser un acto de cultura,así como crear un conflicto falso pero que de seres certo unicamente prexudicou a nosa lingua GALEGA, e posible que en poucos anos os nosos netos teñan que formar asociacións e federacións para recuperar unha lingua que entre todos uns por pasiva e outros por militancia activa estamos a matar pero tranquilos pode que en Brest xa teñan daquela totalmente normalizada a lingua BRETONA,como recuperan dia a dia a GAELICA ¿Teremos que deixar de ser os simpáticos e amables cidadáns que sempre fomos para facernos respectar? Non somos tan parvos se morre o EGPAÑOL e tamen morre o galego, ¿sera que falamos SUECO?
        Si cadra temos sorte coas súas actuacións e sáelles o tiro pola culata cumpríndose así a parte do noso himno “DESPERTA DO TEU SONO NAZON DE BREOGAN”

        1. Ollando as fotos nas que se acoplan os barcos non puiden evitar imaxinar que quizá cando se volten a descubrir polo día nos atopemos coa sorpresa de que pola noite tiveron unha “expansión ” e procrearan… unha embarcación aínda pequeniña coas características híbridas das embarcacións emparelladas.
          Xa se sabe que o roce fai o cariño e quen sabe se é así como nacen embarcacións inclasificlabes. Hai acaso alguén que sabe o que poden facer os barcos pola noite cando ninguén os ve ? Permitovos deixar aquí este tema ata agora non tratado por nengún dos estudiosos das embarcacións… a vida nocturna dos barcos. Outro misterio por resolver.
          Ai se os barcos falaran !

          1. tratase de barcos e o millor non teñen alma pero si a teñen esas persoas k as restauran ;as coidan e as miman ,eses barcos e certo k levan a alma de moitos glegos grabada inda k non se vexa ,sr bedoya non e vostede da miña devocion pero eu tamen o respecto .e cro k os seus comentarios son moi afortunados k se enteren k non estamos dumidos

  2. Sr.bedoya deixe xa de lembrar o pasado, vostede esta totalmente trasnoitado, deixe traballar a xente nova, retirese xa dunha ves.

    1. Sr. Fdendetestas:

      Non o coñezo, xa que esta moda dos pseudónimos (nicks en inglés) dá lugar a moitas confusións e aproveitamentos.

      Eu son o patrón do Búrbida, Xabier Pereira, e non teño por que agachalo.

      Seméllame ser vostede bastante novo, cando fala de retirar o Sr. Bedoya destas Augas Atlánticas (como se un mariño se poidese retirar!).

      A actuación marítima do Sr Bedoya está fóra de toda dúbida e faríannos falla moitos Srs. Bedoya para recuperarmos a exuberancia naval que tivo Galiza noutros tempos.

      Se algo se pode dicir do Sr. Bedoya é a súa dedicación, amor e entrega ás cousas navais. Para unha amosa pode vostede, Sr. Fendetestas, premer (en inglés “facer click”) nas fotos que nesta páxina se ofrecen do “Ría de Ferrol”. Unha marabilla que emociona a todo amante das cousas do mar. Como podes pedir que se retire un patrón tan entregado? Milleiros coma el precisaríamos na Galiza.

      Os novos debemos seguir ronseis como o do Sr. Bedoya que marcan o rumo. Isto é cultura tradicional e tal tipo de cultura trasmítena os maiores. E ven sendo así desde hai mil es de anos. E así cómpre que sexa.

      En fin, Sr. Bedoya, imos quedando sós o mar, o vento, os barcos e máis nós.

      1. Sr. Xabier o do Burbida:
        que temos encontra dos pseudonimos, son moi vellos, pera min aportan e non quitan sempre que o contido do escrito teña sentido, outra cousa e o anonimo como elemento anonimizante, explicome, ocultar a identidade para facer ou falar mal, eso e ter pouca vergonza.

        Despois con respecto o tema que vostede trata do Sr. Bedoya, podemos estar e acordo ainda que é un individuo de trato dificil, labia sibilina e longa escritura, pois e pequeno pero brinca.

        E por certo Antón xa que estamos, quen che dixo que os barcos non falan?, tes que ter un e oilo e si non o oes e porque estas xordo. Sobor da vida nocturna e outra cousa, cada un que paghe coa súa.

        Alghun día contarieche o que me dí o meu. E sei que me quere.

        Apertas
        O Sorro.

Comments are closed.