Reunión co Presidente de Portos de Galicia

Onte 11 de novembro, representantes da FGCMF mantiveron unha reunión co novo Presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, para tratar da aplicación de bonificación nas taxas portuarias a embarcacións tradicionais.

O problema que se presenta na aplicación das bonificacións xa recollidas na normativa vixente ven da dificultade de concretar que barcos son susceptibles de que se lle aplique a bonificación.
O Presidente de Portos de Galicia mostrou o compromiso de Portos para solucionar esta cuestión e apoiar ao patrimonio marítimo no posible dada a situación ecónomica actual. Por parte da FGCMF compremeteuse a axuda necesaria para facilitar a adaptación da normativa. Esto concretouse no establecemento dunha canle de comunicación fluida para facilitar a Portos a información necesaria para que se tomen as decisións pertinentes.

Desde a FGCMF valórase positivamente a predisposición do Presidente de Portos a buscar unha solución rápida e razonable a este problema.

13 cometarios sobre “Reunión co Presidente de Portos de Galicia

  1. Pois no último acordo de Portos de Galicia, unha das medidas tomadas por este organismo, foi prohibir a navegación a vela nas canles de entrada aos portos. Non sei que vos parece, pero para mín que non é unha norma que axude a navegación tradicional.

    1. Malena, boas tardes. Non quero parecerche irrespetuoso nin maleducado, pero nas CANLES DE NAVEGACIÓN DE ENTRADA dos Portos Comerciais do mundo civilizado é unha medida de seguridade elemental.
      Se a alguén se lle ocurre porse na proa dun Portacontenedores cunha gamela a vela é que non ten nin dous dedos de frente. Precisamente se marcan as canles porque son por onde as grandes naves teñen a maniobrabilidade RESTRINXIDA (non teñen outra opción, vamos). Cae de caixón.
      ¿De veras crees que o que non se poida navegar nas canles de entrada e saida é algo ilóxico que perxudica a navegación tradicional? iso sería como pensar que o prohibir ciclomotores nas autoestradas perxudica ós coches históricos …
      É máis, por fin Portos de “Jalisia” despois de moitos anos se decata da normativa en vigor nos Portos de 1ª e 2ª categoría, ousexa non fixo máis que aplica-la normativa dos portos estatais os Portos de 3ª clase ou portos refuxio como se chamaban antes.
      un saudo

      1. Boa tarde José Manuel.
        Para nada apercibo mala educación nin desconsideración no teu comentario.
        Estaba claro que os criterios son para seguridade dos barcos e os exemplos que puxeches son dunha lóxica “apabullante”. Mais non trataba de reivindicar para a vela tradicional amarres nin navegación nos portos comerciais.
        Interpretei, no texto da norma, que a prohibición era para todo tipo de portos de Galicia.
        Saúdos

  2. Dúas cousas:
    – Meterse nun canal, cal sexa, diante da proa dun barco con navegación restrinxida, polo seu tamaño neste caso, vai contra as normas pra previr as abordaxes e non é cousa que precise dunha norma explícita máis restritiva.
    A consecuencia desta norma do regulamento é que non se poderá navegar nun canal de acceso a portos, haxa ou non trafego de outros barcos, e se o houber, sexa cal sexa o seu tamaño ou circunstancias.

    E sí, hacho que perxudica á navegación tradicional, porque na práctica obriga a levar motor e a usalo sempre pra entrar e sair nos portos, sexan cales sexan as circunstancias.

    – A outra cousa é que a única embarcación a vela que pode cruzarse diante dun portacontenedores é a que leve un patrón chuchado, e iso non é cousa que vaia a resolver o meritado artigo do Regulamento de Portos; nin creo que tal cousa incomode ó portacontenedores!!!

    1. Tendo en conta todo o que se está a decir, a gran contradicción que ten Portos de Galicia é de que por unha parte prohibe sair das canles dos portos a remo e vela (o que é normal por cuestións de seguridade), pero por outra banda saca unha normativa pola que as embarcacións tradicionais que teñan calquera soporte para apoiar un fora borda deixa de consideralas tradicionais e polo tanto non poden acollerse ás bonificacións das taxas portuarias. ¿Entón como entran e saen as embarcacións tradicionais dun porto si non poden facelo a remo ou vela, pero tampouco poden levar un foraborda auxiliar para estas tarefas?. Esto foi un dos argumentos que os representantes da FGCMF estivemos facendolle ver ao Presidente de Portos de Galicia e a ao seu director na recente entrevista que mantivemos con eles. Dende a FGCMF consideramos que o uso dun motor a bordo dunha embarcación tradicional é unha cuestión de seguridade, xa que boa parte destas embarcacións navegan por canles de navegación,e non só nos portos, senón en boa parte das rías. Non é nada extrana a circuntancia que navegando con pouco vento polo medio da ría (e polo tanto sen apenas capacidade de maniobra) te topes con un mercante que entra e outro que sae ¡e ti no medio¡. Persoalmente vivín esta experiencia varias veces na Ría de Vigo, e en unha das veces atopeime sin vento entre tres mercantes, dous que saían a toda pastilla e un terceiro que entraba, máis moderadamente pero que tamén lle chegaba. Os bocinazos dos mercantes non vos conto ata onde se escoitaban. Menos mal que o meu motorciño Seagull acendeu a tempo para fuxir en plan jimkana entre os mercantes.

      1. Bos dias a tod@s.
        Vexo que este tema ten tirón; iso é bo, tan bo que pode ser un dos temas a tratar hoxe na Asamblea no punto de Rogos e Preguntas (ou choros e dansas, según se vexa).
        NON meterse nunha canal marcada na carta non precisa dunha norma máis restrictiva, PERO hai que decretar por onde pasa a canal. Na ria de Vigo que é onde me refiro eu, Porto de 1ª Clase e polo tanto con Autoridade portuaria propia afortunadamente pra todos (porque non está gobernado por “Portos de Jalisia” cunha estructura “Pre-constitucional” por deci-lo dun xeito politicamente correcto), está marcada nas cartas unha canal con duas bocas, unha ata fora dos biduidos e outra ata fora das Estelas, cunha rotonda marcada no medio (tal cual soa) e pódese atravesar pero non navegar por ela, O seu descoñecemento non exime do seu cumprimento.
        Esa canal marcouse por culpa dos yateros, non dos das embarcacións tradicionais, e teño anécdotas desagradables vividas na ponte dun mercante precisamente ó reves ca tí Victor. Fíxose pra maior seguridade de todos, dese xeito os mercantes só poden ir por ahí que ademáis é o único sitio por onde poden face-lo con seguridade, e a máis con tranquilidade, porque en principio non se podería meterselle ninguuén por diante, lembra Victor que os Buques agora teñen os tempos de plancha moi medidos e teñen que aproveitar o tempo porque está o sistema así montado.
        Sería unha boa cousa pedir por parte da FGCMF que se balizase esta canle en todo o seu percorrido.
        Teño que marchar, seguirei escribindo…

        1. Ola de novo.
          Seguindo o fio de antes, Portos de Galicia cae deliberadamente na contradicción coma ti dices Victor, porque sinxelamente non queren deixar de recaudar. Unha cousa é deixar de recaudar por 50 ou 60 embarcacións coma calculaban eles e outra cousa é por preto de 5000 embarcacións menores de madeira que hai en galicia a flote. Por iso inventan excusas estrombóticas sen pes nin cabeza, sen ir máis lonxe, a miña gamela que estivo no Grove exposta ca vela dentro da carpa institucional, os propios “Portuarios Jallejos” dixeronme (chamáronme por teléfono) que non era tradicional porque tiña a peza na popa pra levar motor foraborba ¡¡nin siquera ten pozo!! ¡aparte de non ter nin p… idea hai que ter cara de cemento armado!.
          Pero iso soluciónase denunciando, non so falando nos despachos; as cousas hai que recolle-las por escrito, que despois as palabras as leva o vento, coma ben demostrou o vento Vilagarciano.
          Outra cousa volvendo o tema das canles, é nos portos refuxio ou de 3ª clase dependentes da Xunta, ahí si que lexislan eles, e xa era hora. Non foi que lexislasen agora de novo, é que levaban anos de retraso respecto de Portos do estado…o cal demostra cal é a súa capacitación.

          Un saudo, falamos esta tarde.

        2. Ola José Manuel. En Galicia, nas rías que teñen portos comerciais como queiras cruzar dunha banda da ría á otra vas cruzar unha canle de navegación na que os mercantes van ter preferencia(o que é lóxico). Nestes casos, si un vai na súa embarcación cruzando a Ría e colle unha encalmada no medio, cando se atopa con un mercante entrando e outro saíndo a “todo Filispín” (que dirían os amigos de Ferrol) como non teñas motor o levas fastidiado para sair do rumbo dos mercantes. Como ti dis eses barcos levan os tempos moi medidos polo que van dando caña. Na Ría de Vigo atoparte con tres mercantes ao tempo no medio da ría é normal. De ahí que a presenza do motor a bordo dunha embarcación que navegue por toda a Ría é unha cuestión de seguridade, en contra do que mantiña ata agora Portos de Galicia, tal e como argumentamos na entrevista co Presidente deste organismo.

          1. Ola Victor e compaña, boas tardes.
            Estamos a falar do mesmo, e niso tod@s estamos dacordo. Lembra que na ría de Vigo as normas ponas o Capitán Marítimo porque é o Xefe Provincial da provincia marítima de Vigo, via DGMM, e esas normas xa estaban (semellantes pero NON iguais, iso sí) antes do que decretou Portos de Galicoa pros portos da súa xuridicción, que (afortunadamente na miña opinión pola miña experiencia) non son nin os de 1ª nin os de 2ª.
            Portos de Galicia sacaron o argumento pelengrín do motor nese momento porque foi a excusa máis inmediata que lles viu a cabeza pra non pagar, perdón pra NON DEIXAR DE RECADAR.
            E inda nos dixeron atraveso de terceiras persoas en conversa privada, que segundo eles pra seren auténticamente tradicionais terían que iren pintadas ca mestura de saín e brea!! ¡que xenerosos non metendose cas pinturas modernas!…o dito inventan o que sexa pra non deixar de facer caixa. Así de claro.
            Coma tamén se lle viu o cu a curuxa cando sacaron a corrección de erros do das 2 TRB/GT 56 dias despois de publicado o do desconto, que por non ter feito nin siquera tiñan un formulario tipo (lembrarste diso). Ahí non andivemos finos (ninguén de nos) en recurri-lo, porque unha fe de erratas publícase nunha semana coma muito 15 dias, E ten que aparecer o orixinal que les mandan ós que publican o DOGA onde se poida constatar o erro, e estou convencido que o orixinal coincidía co publicado a primeira vez ¡todo foi unha invención, mellor dito MAQUINACIÓN! estou convencido e digoo ben alto e clariño.
            Unha aperta

          2. adiós jamelas
            adiós dornas
            adiós botes
            adiós remos
            dos meus amores
            volverei as terras
            poñer unhas patacas
            e unhas cebolas

  3. Pois no canal de entrada e saída (ou vicerveza) do porto de Portonovo (categoría Preferente Sur, ou regional preferente, non sei…) seguirán saíndo e entrando dornas a Vela, e mais a Remos, e se cadra, a motor, porque por aquí somos deses Patróns Chuchados, como se decía por ahí arriba. Portacontenedores non temos, pero xa apartarán “os catro do cerco” que quedan. Á cuestión é si apartarán ou amurarán os señores da GC…

    Saúde e resistensia!!

    1. Primeiro terás que explicarlle os señores da GC o que é amurar, e que non che fagan a proba de alcolemia…
      Saúde e resistensia! (sobre todo pra tua Dorna…por se non amuran os señores da GC)

  4. Agora, jameleiro tamén sen jorra.

    Que me quedou atrás na Illa, logo da festa que acompañou a cea organizada por Dorna e FGCM.

    Que aparesa, ou havos de comer unha centella, castróns!!!

Comments are closed.