Sada despide o XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia cun éxito de participación

A vila coruñesa de Sada acolleu entre o 3 e 6 de agosto de 2023 a décimo sexta edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, un evento que se consolida como a gran celebración da cultura marítima e fluvial de Galicia. Trátase da actividade máis senlleira de Culturmar, que se ven realizando dende 1993 de forma itinerante e que congrega, nas vilas mariñeiras onde alí se celebra, arredor dun cento de embarcacións tradicionais galegas e doutras partes da península e Europa.

Durante 4 días o Porto de Sada acubillou a un cento de embarcacións tradicionais de distinta tipoloxía (dornas, botes, chalanas, galeóns, bucetas…) chegadas dende toda Galicia, así como doutras zonas zonas xeográficas penínsulares e europeas  para mostrar a riqueza do patrimonio do noso mar. O XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia ofreceu a locais e visitantes a oportunidade de desfrutar dunha ampla programación lúdica e cultural vencellada coa tradición marítima e fluvial. O Encontro, organizado pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial – Culturmar e que contou co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña, congregou a máis de 40 asociacións de toda Galicia e norte de Portugal que exhibiron as súas embarcacións tradicionais e compartieron as súas experiencias e coñecementos.

O presidente de Culturmar, José Luis Sacau, destacou no acto de clausura que o mar é “un lugar de encontro, un camiño de comunicación, de aprendizaxe, de intercambio, de amizade e tamén de atrancos que superamos en común”. “Todo isto é o que hoxe estamos celebrando”, subliñou, lembrando “á xente de Moaña”, que, por mor da Covid-19, non acolleu a anterior edición destes encontros, prevista para 2021.

O alcalde de Sada, Benito Portela, prometió que esta cita no será “algo illado” apuntando que simboliza o “o inicio para retomar o contacto da nosa vila co mar”. Portela afirmou que este evento “non é importante senón imprescindible para rememorar a nosa historia e non imos esquecela a partir de mañá”.

Durante catro días, os asistentes ao XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, organizado por Culturmar, a Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros e o Concello de Sada, puideron desfrutar de talleres, exposiciónes, conferencias, xogos infantís, música e baile tradicional, así como de paseos en barco pola ría. Además, se celebró el tradicional mercado mariñeiro, donde se pudieron adquirir productos artesanales y gastronómicos típicos de la zona.

HISTORIA

O Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia é unha das concentracións de embarcacións tradicionais de maior dimensión e variedade tipolóxica da Península. Esta grande exhibición de embarcacións representativas do patrimonio marítimo e fluvial acompáñase durante as catro xornadas dun amplo programa de actos culturais e de lecer (conferencias, exposicións, presentación de publicacións, música, concertos, obradoiros, artesanía e outras mostras e actividades artísticas diversas) dirixidas a todo tipo de público asistente.

O Encontro achega o patrimonio marítimo ao gran público, implica á poboación e promove o asociacionismo cultural a prol do patrimonio, á vez que fomenta actividades de integración social, convivencia, divulgación, turismo sostible e outras.

Galeria de imaxes