Cando xa parecía que o futuro da carpintería de Purro estaba encarrilado coa decisión da Dirección Xeral de Patrimonio de inventariar o estaleiro, volve recrudecerse a polémica coas alegacións feitas pola Asociación de Veciños Santa Ifigenia.
O pasado 15 de abril o Faro de Vigo publica unha noticia sobre a reunión que membros da Asociación xunto co Alcalde de Bueu tiveron co Director Xeral de Patrimonio para informarse da situación do expediente e entregar copia das súas alegacións.
O 16 de abril publícase unha noticia sobre a posición da Asociación, co que parecen extractos das alegacións, nas que se ataca claramente á directora do Museo Massó.
O 18 de abril a Coordinadora pola defensa do estaleiro emite unha nota de prensa felicitando á D.X. de Patrimonio pola decisión de inventariar o estaleiro e poñendo de manifesto a importancia de conservar o ben na súa integridade como testemuña da evolución da construción naval.
O día 22 o Faro publica a noticia de que o Ministerio de Medio Ambiente pide a Patrimonio que explique as razóns do inventariado do estaleiro.
E o pasado 26 de abril publícase un artigo de Covadonga López de Prado, directora do Museo Massó, no que responde ás críticas da asociación veciñal, explicando o porqué da necesidade de conservar a totalidade do estaleiro.
Que se critique a actuación de políticos e técnicos parécenos san, é cousa de todos velar polo benestar da sociedade, pero non nos parece nada san que para facer esa crítica se usen términos como La asociación no está en contra de ningún activo sociocultural, de lo que sí está en contra es de la manipulación, de la exageración, de la coacción, del radicalismo y por supuesto está en total desacuerdo con quien desde la atalaya de un museo, en olvido del riquísimo patrimonio digno de mayor defensa, se aplique en exclusividad a un concreto bien [sic], en connivencia con una determinada asociación, manejando en su interés todos los resortes a su alcance
É totalmente inaceptable recurrir a acusar aos interesados na conservación do estaleiro de manipuladores, coaccionadores, radicais, e conspiradores, para defender unha postura contraria á conservación integral do estaleiro. A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial ten manifestado o seu apoio á conservación integral do estaleiro aportando argumentos, sin necesidade de descalificar a ninguén e moito menos sin manter posturas radicais nin conspirando contra ninguén.
(Vía Salvemos o estaleiro)
Foto João Baptista
5 cometarios sobre “Segue aberta a polémica sobre a conservación do estaleiro da Banda do Rio en Bueu”
Comments are closed.
É unha vergonza que nos tempos en que estamos un “individuo/a” queira que se derribe algo que culturalmente é importantísimo e irrecuperable, SÓ PORQUE LLE FASTIDIA AS VISTAS A RIA.
Se o estaleiro estivese pola parte de atras do seu piso e non lle “estorbase las vistas” seguro que estaba calado!.
Ignorancia suma e supina (e tamén moita mala fe)!
Todo o meu apoio a “Os Galos”, á directora do Museo Massó e á FGCMF. Por aquí andamos para o que sexa: non hai que afloxar un milímetro e menos diante de quen pretende intimidar e marxinar con terminoloxía que lembra ao franquismo. A todo esto, a qué xoga o alcalde do BNG?. A inconsciencia dos valores patrimoniais propios e o oportunismo político, se pagan….Ao tempo.
Dionísio Pereira
A língua e a linguagem que emprega essa associaçom de vezinhos delata bem de que pola cairom. Isso de “radicalismos” é terminologia ultra
Non se trata só de vistas; ao fin e ao cabo, “todo se compra e se vende, non sendo o cariño verdadeiro”.
Por tanto falamos de que co derrubo, millorará o prezo dalgunhas propriedades, así de claro.
Polo tanto, enfrontamos especulación urbanística, nin máis nin menos. E temos que enfrontala todo/as, nós mesmos/as (Como dí a Internacional), e non deixalo nas mans de ninguén, por moi ben intencionado que sexa ou que se presente.
Se os propietarios/especuladores/interesados pelexan polo seu, nós temos que pelexar polo noso, nin máis nin menos. E isto cansaranos, pero non debe esgotarnos.
Adiante a reivindicación da Carpintería de Purro!!
Hai que manter o estaleiro, e pouca calidade humana, veciñal e científica ten que argumenta en contrario.