Seguindo as novas construcións


Neste momento están a construirse varias embarcacións tradicionais. Esto en si non é novidade, pero agora é posible seguir a través dos webs repectivos a evolución de cada barco.
A dorna Sara, un modelo de dorna de tope evolucionado, construida coas técnicas máis modernas, xa está na bancada, disposta para empezar a montar as cadernas.
A Lavanqueira, unha dorna de tope, xemea da Peza de Rabo, promovida por Fasquía e que nace do proxecto Desafio a Tope xa avanza a bo ritmo.
E no norte o proxecto do Bote de Pao xa ten as cadernas no seu sitio.
Gracias á Rede, e gracias ao traballo que se toman os armadores, podemos ver como nacen estos barcos, algo que ata agora era privilexio de poucos, xa que desgraciadamente non hai moitas carpinterías de ribeira en activo. Esperemos que vendo estes barcos, nos estaleiros e no mar, outros se animen e promovan novas construcións.

Un comentario sobre “Seguindo as novas construcións

  1. Sr. Mestre:
    podería vostede, cando teña un momentiño poñer o das novas construccións faciliño ahí a dereita para poder seguilo sin dar moitas voltas. E que … como vamos de saúde.

    Polo Norte medra o Bote de Pau, Tio Mini fai voar o seu “Pajarito” e ten fillos din que fixo o seu niño nun asteleiro en Cedeira, eso si que é unha boa noticia. Polo sur os de Bouzas queren facer a primeira un video de 1ª e poñen no mar un Carocho o “Anguleiro” no era preciso que entrarades na historia co video, xa chegaba con ser unha excelente iniciativa -por certo cal era o nome da empresa que os axudou, e de ben nados ser agradecido- pero estivo ben (Angel hai que entrenar coa botella). Polo Grobe a “Sara” dinos que é nova, que poder medrar e ter futuro e como ela as que poidan vir como unha alternativa, xa non haberá disculpa as fasquías tradicionais, acabouse o de “co traballo que dan …” Avelino molloulle a quilla a “Sara” e tamén a unha variante o futuro, podíase facer e estase a facer, na de Garrido. E polo Mar da Arousa pronto navegará a “Lavanqueira” os da Fasquía poderán facer a estrea este ano o meior a finais, Manolo Mougan, Carpinteiro de Ribeira, na Arousa xa a ten enrramada (aquí tamén alguén dirá que esa fasquía (a da Dorna) como a da “Peza de Rabo” teñen ……) pero nada ren de ren din os vellos castelans “cada maestrillo tiene su librillo” e Echenique tamén tiña o seu. Na de Moncho Blanco o noso “Monchito” xa pareu a “fransesa”, esperemos que veña de volta e more nos Galaicum Mare (ou como sexa) que soio pinguen nas súas taboas breves instantes da Armorica. E no día das letras foron a “Rosalía” e a “Mimela”, tamén pola Arousa queren aparellar outro recuperado galeón, o “Comaira” e xa entrou no carro, tamén na de Mougán o galeón da Calmoseira.

    Dios danos bo ano de viño, os barcos poñemolos nos, aljun meior que aville e se esqueza da botella.

    Esto si que é saúde. E sin sair da terriña.

    O Sorro

Comments are closed.