Estase a facer un documental sobre a vida dos homes que coidan dos faros. Ainda non está rematado e estase buscando apoio financeiro para facelo mediante o micromecenado (crowdfunding) en Lanzanos.com/proyectos/torreiros.
Este é un avance de 5 minutos do documental que terá 75 unha vez rematado.
José Luis Ces Laiño, torreiro xubilado e ex presidente da Asociación Nacional de Técnicos de Señales Marítimas, é o productor executivo, e esto é o que nos di sobre o documental:
A aparición de novos sistemas de navegación cambiou por completo o concepto clásico do faro. Do faro-siñal visual, alimentado por lámpadas de petróleo, pasouse ao faro eléctrico como soporte/axuda á navegación. Tamén os homes que se dedicaron a este traballo, cuxa intervención era indispensable ao principio, furon substituídos por sistemas automáticos. A recuperar, e homenaxear, os homes que desempeñaron este oficio dedícase o documental Torreiros. Nunha viaxe por terra e por mar aos faros máis representativos de Galicia, dase voz aos derradeiros “torreiros” en activo.
Completouse o traballo de campo, consistente na filmación dos faros e os seus entornos da selección escollida, cos seus respectivos amenceres e postas de sol, e fixéronse as entrevistas aos fareiros dos seguintes faros: Estaca de Bares, Faro Prior, Faro Torre de Hércules, Faro Cabo Vilán, Faro de Fisterra, Faro Corrubedo, Balizamento Ría de Arousa, Faro de Sálvora, Faro de Illas Cíes, Faro de Cabo Silleiro.
Realizouse tamén unha entrevista a David Moré Aguirre, historiador, autor de varios libros sobre faros e fareiros. Paralelamente completouse o guión, baseado nos estudos do citado historiador David Moré Aguirre e libros do técnico Miguel Ángel Sánchez Terry e as revistas de Señales Marítimas de distintas épocas. A voz en off é de Luis Iglesia, o actor de “Matalobos”, donde interpretaba a Carmelo Matalobos.