TRAVESIAS. Galicia Terra de navegantes

A exposición TRAVESÍAS. Galicia Terra de navegantes é unha exposición
multicéntrica que se distribue en Vigo (Casa das Artes), Ferrol (C.
Cultural Torrente Ballester) e Pontevedra (Edificio Sarmiento do M de
Pontevedra). Está patrocinada pola Consellería de Cultura e Deporte e
organizada pola Editorial Galaxia e insírese no programa de actos
arredor da Volta ao Mundo a Vela 2005 (Volvo Ocean Race, VOR), que
sae o día 12 de novembro desde o Porto de Vigo.

É unha boa oportunidade para coñecer algo máis de homes como Pedro Sarmiento de Gamboa, os irmáns Nodal, e moitos outros grandes mariños galegos, e tamén as técnicas e coñecementos que fixeron posibles as súas navegacións.

Gustavo Garrido, comisario da exposición, achéganos máis información:

A exposición consta de 4 seccións expositiva que agrupan unha serie
de módulos:

Secc. I.- ‘Describindo o Globo’ danos unha breve introdución
xeográfica na que nos fala evolución da idea da Terra Plana até o
cencepto da esfericidade. Inclúe a reconstrución ideal do gabinete
dun cartógrafo do s. XVII e remata coa Xeografía do mar, unha
introdución ao estudo científico dos océanos. Esta sección está na
sede de VIGO.

Secc. II.- ‘Travesías’, ten 3 módulos:
– Mód. 1: A viaxe de Pedro Sarmiento de Gamboa ao estreito de
Magallanes (1579-1580). Este módulo está na sede de VIGO.
– Mód. 2: A viaxe dos irmán Bartolomé García de Nodal e Gonzalo de
Nodal ao estreito de San Vicente (1618-1619). Este módulo está na
sede de VIGO.
– Mód. 3: A viaxe de circunnavegación da corbeta Nautilus
(1892-1894). Este módulo está na sede de FERROL.

Secc. III.- ‘Entre as ondas e os ventos’, tén tres módulos: (Toda a
sección na sede de VIGO)
– Mód. 1: O buque e o seu aparello, unha sucinta visión da
construción naval.
– Mód. 2: A posición do buque e os instrumentos de navegación, que
nos mostra a evolución da navegación a vela, mediante o instrumental
náutico.
– Mód. 3: A Cartografía náutica, que explica os tipos de cartas e
mostra unha selección de cartas náuticas desde o século XVI ao XIX.

Secc. IV.- ‘Galicia, terra de navegantes’, que mostra unha seleción
de biografías de navegantes galegos, desde o século XIV ata o séc.
XIX. Esta sección está nas tres sedes de VIGO (reducida), FERROL e
PONTEVEDRA (completa). En FERROL inclúese un panel dedicado á Escola
de Pilotos de Ferrol.

Nas tres sedes disponse de puntos interactivos nos que consultar unha
chea de información sobre náutica e cartografía. Así mesmo,
proxectanse dous documentais: ‘Travesías’, baseado en imaxes da VOR,
e ‘Pontevedra, cuna de Colón (Enrique Barreiro, 1930).

Na sede de PONTEVEDRA prográmanse, ademáis, unha serie de
Conferencias no Salón de Actos do Edificio Fernández López do M de
Pontevedra (Pasantería, 10), ás 19:30 horas:

Día 15-XI, martes: “Galicia e as primeiras navegacións oceánicas”. D.
Xoan Bernárdez Vilar.
Día 22-XI, martes: “O Cambar das velas nas carabelas dos
descubrimentos. Unha tentativa de explicación”. D. José Felgueiras.
Día 23-XI, mércores: Presentación e proxeción do documental
Pontevedra, cuna de Colón (E. Barreiro, 1930), a cargo de Xosé
Nogueira e Enrique Barreiro Blanco.
Día 29-XI, martes: “Navegantes e travesías desde a literatura”. D.
Víctor Fernández Freixanes.
Día 1-XII, xoves: “A fragata Numancia: a primeira volta ao mundo dun
buque acoirazado”. D. José Manuel Castaño García.

En canto aos fondos, contouse con pezas e libros dos museos Naval de
Ferrol, Museo Massó de Bueu, Museo de Pontevedra, Marítimo do ‘Seno
de Corcubión’, Museo do Mar de Galicia (Vigo), Escola Naval Militar
de Marín, Museo Municipal de Vigo ‘Quiñones de León’, Club do Mar de
Ferrol, Biblioteca Fermín Penzol (Vigo), Biblioteca do Consulado do
Mar de A Coruña, Biblioteca Naval de Ferrol, Fundación Otero Pedrayo,
Biblioteca do Mosteiro de S. Xoán de Poio, Observatorio Astronómico
‘Ramón Mª Aller’ (USC), IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago de
Compostela), Biblioteca Pública del Estado ‘Jovellanos’ (Gijón),
Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro de Vigo, e coleccions de
particulares.

A exposición TRAVESIAS está comisariada por Gustavo Adolfo Garrido e,
na sede de Ferrol, tamén por Bernardo Máiz Vázquez.

VIGO [DO 4-OUTUBRO AO 31-DECEMBRO]

CASA DAS ARTES. Planta baixa. Rúa Policarpo Sanz 15.
Tfno.: 986-439525. Fax: 986-437713

HORARIO DE VISITAS
Luns a venres: 18.00 ? 21.30 horas.
Sábados:
11.00 ? 14.00 horas

18.00 ? 21.30 horas

Domingos e festivos: 11.00 ? 14.00 horas

PONTEVEDRA [DO 9-NOVEMBRO AO 11-DECEMBRO]

EDIFICIO SARMIENTO do Museo de Pontevedra. Rúa Sarmiento, 51. 36002
Pontevedra Tfno.: 986843238 e 986851455. Fax: 986840693
Salón de Actos do Museo de Pontevedra: Edificio Fernández López. Rúa
Pasantería, 10. 36002 Pontevedra

HORARIO DE VISITAS
Martes a venres:
18:00 a 21:00 horas
Sábados
11:00 a 14:00 horas
18:00 a 21:00 horas
Domingos: 11:00 a 14:00 horas
Luns: Pechado

FERROL [DO 8-NOVEMBRO AO 2-DECEMBRO]

CENTRO CULTURAL TORRENTE BALLESTER
Rúa Concepción s/n. 15402 Ferrol. Tel.: 981944188 e 981944180 (visitas)

HORARIO DE VISITAS
Luns a sábado (festivos includos):
11:00 a 13:30 horas
17:00 a 21:00 horas
Domingos e Luns: 11:00 a 14:00 horas
(consultar modificacións de horario)