A Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari) organiza as II Xornadas sobre construción naval en madeira, que van ter lugar en Ribeira o vindeiro sábado, 31 de outubro.
Estas xornadas van servir para que os distintos axentes que interveñen na construción naval poidan poñer en común os seus puntos de vista. Tamén se vai presentar o Regulamento de construción naval en madeira que Agalcari elaborou como un documento base para futuras normativas de construción naval.
Hai que suliñar a presencia entre os ponentes das Xornadas de representantes de todos os sectores implicados: carpinteiros, enxeñeiros, técnicos da madeira, Mariña Mercante, Capitanías, etc.