Investigadores do Centre for Scandinavian Studies da Universidade de Aberdeen estiveron hai uns días no Vicedo e noutros puntos da costa galega para ver posibles vestixios da presenza vikinga na costa da Península Ibérica. Quedaron gratamente sorprendidos non só polos recentes achados nos Moutillós, senón tamén por outros elementos do patrimonio como o Castelo de San Xurxo no Pindo.
Os investigadores de Aberdeen pensan que sería posible que os Moutillós fose unha fortificación vikinga, unha mota de tipo provisional. O alcalde do Vicedo xa solicitou de Patrimonio o permiso para poder estudar con excavacións o sitio. Mentras non chega o permiso van recollendo os materiais que o mar pon ao descuberto, como áncoras líticas, pedras de silex ou muiños de man.
O feito de que os Moutillós apareza protexido no PXOUM do Vicedo lamentablemente non impidiu que alguén roubara da praia unha das áncoras aparecidas nos últimos tempos antes de que puidese ser levada a lugar seguro.
Na imaxe de arriba a áncora roubada. Esta imaxe está tomada do albúm que Mariña Patrimonio ten en Flickr, onde se poden ver fotos doutros materiais aparecidos na zona. Mariña Patrimonio está a facer un importante traballo para promover a protección e estudo do patrimonio da Mariña luguesa, e ten solicitado a inclusión dos Moutillós no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos.
(Grazas José Manuel)
2 cometarios sobre “Vikings no Vicedo?”
Comments are closed.
Por muito que tenham mais “charme” os viquingues que os normandos da Normandia, é bem difícil atribuir esta fortificaçom a uns “viquingues seródios” que faziam “mottes e baileys primitivos”. Esse tipo de fortificaçom nom é própria da época viquinga, e os normandos, em troques, continuarom eventualmente os costumes piráticos dos seus devanceiros escandinavos, por nom falar da sua expanssom a Sicília e reino de Nápoles no século X e antes da 1ª cruzada.
Acho que um cabeçalho que inclua os viquingues, como o que está a empregar toda a imprensa desde a descuberta deste jazigo, nom deveria forçar a evidência histórica, por muito que investigadores guiris nom queiram desiluir umha determinada interpretaçom do achado.
O que me ten abraiado é que as áncoras non foran retiradas a tempo da Praia e levadas a calquer dos museos que agora hai xa na Mariña Luguesa despois dun achado tan importante para evita-lo expolio. A que falta ha de estar de adorno no chalet dalgún! espero que as autoridades tomen nota e recollan a que queda antes dos que se levaron a primeira volten a pola segunda!
Un saudo