Aberto o proceso para decidir a sede do Encontro de Embarcacións de 2027

O pasado sábado 29 de novembro celebrouse na nosa sede social de Cambados a Asemblea Xeral de Culturmar. Entre os principais temas tratados estiveron a memoria de actividades de 2025, incluíndo o Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia celebrado en Ribeira, así como aquelas actividades máis importantes previstas para o ano 2026.

Ademais, falouse da xestión económica de 2025, o orzamento para 2026 e outros proxectos que a Federación xa ten entre mans. Outro dos puntos relevantes desta xuntanza foi a apertura do proceso para a presentación de proxectos do XVIII Encontro que se celebrará no verán do ano 2027. Desde ese momento, as asociacións que queiran, poderán presentar as súas propostas para ser a sede do Encontro dentro de dous anos.

Por último, abriuse o proceso de renovación da Xunta Directiva de Culturmar.