Compartimos convosco o novo programa de cursos que se realizarán neste ano 2026 no Centro de Formación A Aixola (Porto pesqueiro de Marín):
✅Reparación de embarcacións pneumáticas
✅Electricidade e hidráulica básica aplicadas ao buque
✅Laminado manual en poliéster para pezas en uso en acuicultura e en construción naval
✅Confección e mantemento de artes e aperellos
✅Operacións auxiliares de restauración de embarcacións menores
✅Operacións polivalentes en instalacións náuticas e varaderos
✅Operacións auxiliares de acondicionamento interior de embarcacións: Tapicería e madeira
✅Operacións auxiliares de arboladura: Mastros e velas
✅Operacións básicas de infusión e baleiro en composites
✅Procesos básicos de plásticos técnicos aplicados ao sector mariño
✅Actividades auxiliares en diagnose e posta a punto de forabordas menores de 30 CV
✅Introdución á carpintería náutica con control numérico (CNC)
Este centro de formación que ven colaborado con CULTURMAR, así como formado a persoas asociadas, é dependente da Consellería do Mar, sendo xestionado polo Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) polo que toda a formación impartida é cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura, sendo de balde para as persoas participantes.
Así varias destas formacións poden ser de interese para as diversas asociacións que compoñen CULTURMAR, tanto para persoal das propias asoaciacións como persoas que queiran ampliar os seus coñecementos tanto para poder ter acceso a un mercado laboral que, na mairía dos postos, precisa relevo xeracional, como persoas que queran formarse para continuar ligadas no seu ocio ao mundo do mar.
Os cursos de formación son de diversa índole, como pode ser a formación que se iniciará o vindeiro 19 de xaneiro: “Reparación de embarcacións pneumáticas”(300 horas, horario de mañá), ou tamén as xa consolidadas formacións en “Laminado manual en poliéster para pezas para uso en acuicultura e construción naval” (300 h, horario de mañá).
Cabe salientar que no CF A Aixola a cultura marítima, e en especial a carpintería de ribeira, é un dos piares e referentes no centro, polo que para continuar a formación de persoas en relación a esta actividade ofertan o curso “Operacións auxiliares de restauranción de embarcacións de madeira” (350 horas, horario de tarde)
Este centro é recoñecido pola formación conducinte ao Certificado Profesional de “Confección e mantemento de artes e aparellos de pesca”, que é un Nivel 2 (con acceso coa ESO ou equivalente). O resto de formacións non precisan de nivel académico previo.
Queremos destacar tamén a formación experimental creada no centro: “Operacións polivalentes en instalacións náuticas e varaderos” (320horas, horario de tarde), que comeza o 25 de marzo esta formación consta de módulos curtos de todas as áreas do centro, e está orientada para aumentar o coñecemento de persoal do sector naútico, formar persoas que queran acceder laboralmente ao mesmo, e mesmo para o formación de usuarios de instalacións naúticas e persoas cercanas á navegación recreativa, que queran ampliar os seus coñecementos en diversas áreas.
Máis información e preinscricións na seguinte ligazón: https://aixola.cetmar.org/oferta-formativa-2026/
