O pasado sábado 22 de marzo celebrouse na nosa sede social de Cambados a Asemblea Xeral de Culturmar, da que compartimos con vós algún dos temas máis importantes que se trataron:
1- Aprobación do calendario anual, que continuará enchéndose con máis actividades dos colectivos durante as vindeiras semanas, entre as que salientamos varias expedicións a Portugal, País Vasco e Bretaña, a IV Copa Mörling de Dornas a Vela e por suposto, o XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.
2- Información da marcha da organización do Encontro: https://encontroembarcacions.gal/
3- Repaso aos proxectos de maior importancia que nos ocupan, como:
* Marcha do novo número da revista Nova Ardentía, que dedicará unha atención especial ao Encontro de Ribeira
* Información sobre a marcha do Censo de Embarcacións Tradicionais e Barcos Históricos de Galicia e outras xestións con diversas institucións
* Presenza de Culturmar como entidade asociada do European Maritime Heritage (EMH)
* Participación no Proxecto Fisatur
Ademais, asistimos á despedida de Pablo Carrera como compañeiro da Xunta Directiva, da que é membro desde hai máis dunha década e que é desde sempre un incansábel colaborador na salvagarda da cultura marítima e fluvial, a quen a asemblea lle agradeceu calorosamente a súa dedicación e que, segundo el mesmo asegurou, “só dá un paso a un lado pero seguirá colaborando no que sexa necesario”.
Seguimos vogando .
