XI Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña

O vindeiro día 9 de agosto vai ter lugar en Moaña a XI Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña, organizada por Sueste.

O programa previsto para ese día é:
Recibimento das embarcacións: 11:00 horas
Reunión cos patróns das embarcacións 11:30 horas
Saída navegación 12:30 horas
Chegada 14:00 horas
Xantar 14:30 horas

O xantar será no estaleiro de Sueste ao que se poderá chegar cos barcos por coincidir ben a marea. Como xa sabedes este acceso está sendo ameazado pola construción dun paseo marítimo.

Realmente esta Xuntanza empezará días antes con diferentes actividades en terra. o programa é amplo: hoxe 6 de agosto ás 21:30 h presentarase no Estaleiro de Casqueiro o libro Embarcacións Tradicionais. Os vindeiros días ata o domingo haberá unha proxección do documental “Cadernas da historia: arte e oficio da dorna” e charla posterior, portas abertas nos estaleiros, unha exposición sobre o galeón Eliseo, un recital do poeta e mariñeiro Xosé Iglesias e a II xornada de xogos tradicionais.

Os interesados en participar co seu barco teñen que cubrir o antes posible a folla de inscrición e deberán contar cos seguros e medidas de seguridade a bordo precisas.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.