Subvencións para a recuperación e posta en valor do patrimonio marítimo-fluvial en Pontevedra

A Deputación de Pontevedra lanza para este ano 2026 unha liña de axudas de 90.000€ para asociacións sen ánimo de lucro. Este paquete de axudas está enfocado na recuperación e posta en valor do patrimonio marítimo-fluvial da provincia. A subvención pode cubrir ata o 80% do proxecto (cun máximo de 10.000€) para a restauración de embarcacións tradicionais, aparellos e construcións en terra

Aspectos clave:

  • Obxectivo: Restauración, rehabilitación, mantemento e compra de equipamento para o patrimonio marítimo-fluvial tradicional.
  • Liñas de actuación: (1) Embarcacións tradicionais, (2) Aparellos de pesca e cultura, (3) Construcións e instalacións en terra.
  • Beneficiarios: Entidades sen ánimo de lucro con actividade na provincia de Pontevedra e titulares dos bens a rehabilitar.
  • Contía: Máximo de 10.000€ por actuación, cubrindo ata o 80% do orzamento.
  • Uso: Os bens deben destinarse a actividades de promoción sociocultural, non para pesca ou acuicultura comercial.
  • Prazo: O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao
  • da publicación da convocatoria e do seu extracto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
  • (BOPPO) e na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS)

As entidades interesadas poderán presentar unha única solicitude nesta convocatoria.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario
normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.
gal
).