Xornadas ‘O mar en terra’ os días 2 e 3 de maio na Estrada

Os días 2 e 3 de maio celebrarase en Terreboredo, A Estrada, unha nova edición das xornadas ‘O mar en terra’, organizado por Namoreiras, coa colaboración de Culturmar, o Concello da Estrada e Radio Estrada. Este festival busca conectar o rural interior co mundo do mar a través dunha intensa programación que inclúe charlas, obradoiros, exposicións, debates relacionados co mar e a cultura mariñeira.

✅SÁBADO 2

➡12:00h. Presentación da revista Nova Ardentía.

➡13:00h. O navegar da memoria: Os Galos de Bueu.

➡14:00h. Actuación Cé Orquestra Pantasma.

➡14:30h. Xantar popular.

➡17:30h. Presentación do albúm ilustrado Nao Cetácea, de Xosé Iglesias.

➡18:30h. Presentación do libro “Plantas medicinais e remedios curativos da Etnobotánica galega”, con Rafa Quintía e Pilar Silva

➡20:00h. cantos no furancho de Namoreiras cos grupos Son da Illa e De Vagariño.

✅DOMINGO 4

➡12:00h. Presentación da Asociación Setefoghas de Rianxo

➡12:30h. Presentación do libro “Do Campelo a Carreirón. Guía da toponimia da Illa de Arousa”, con Helena Domínguez.

➡13:00h. Pandereteiras Rebolos de Terreboredo e Lilainas de Nigoi.

➡13:30h. Faróu-Cántigas Novas na Memoria. Concerto Comentado.

➡14:00h. Cantos no furancho co grupo De Tazas.

✅Mercado artesán durante toda a feira.

✅Xogando miudiño para as crianzas durante a xornada.