O programa “Vivir o Mar” da Televisión de Galicia estivo con nós para falar da importancia de conservar e recuperar o noso patrimonio. Na reportaxe ‘Protexer o patrimonio marítimo’, Víctor Fernández fala en nome de Culturmar alertando sobre o feito de que estamos deixando morrer parte da nosa historia e da nosa cultura se non facemos todo o posible para conservar unha fábrica de salga, unha carpintaría de ribeira ou unha embarcación tradicional. Víctor Fernández explica que aínda que é imposible conservar todo o patrimonio, cómpre salvar os elementos que forman parte da identidade mariñeira dun sitio. “Desde Culturar empezamos recuperando as embarcacións tradicionais porque a partir deste ben material transmitimos todo o saber inmaterial”, engade, en referencia ás manobras, aos tipos de velas, as partes dos barcos, as lendas, os contos. Temos o deber de protexer o noso patrimonio material e inmaterial.
A nosa reportaxe podedes vela entre os minutos 11 e 21.40👇
🌐https://www.agalega.gal/videos/204393-vivir-o-mar-19-01-2025