Nova edición das Xornadas da Cultura Mariñeira “Muros Mira ao Mar”, que se levarán a cabo desde o venres 4 até o domingo 6 de xullo no municipio muradán.
O obxectivo destas xornadas, que este ano celebran a súa 20 edición, é difundir entre a veciñanza e todas as persoas visitantes a socialización e posta en valor do patrimonio material e inmaterial da cultura do mar.
O programa das xornadas desenvolverase en diferentes espazos da vila mariñeira e estará formado por unha ampla proposta lúdica e cultural que inclúe charlas, concursos, visitas guiadas, pasarrúas, obras de teatro, obradoiros infantís, un mercado mariñeiro, degustación gastronómicas, obradoiros, exposicións, visitas guiadas, actuacións musicais e concertos…
Estas xornadas naceron no ano 2004 para dar a coñecer o patrimonio maritímo de Galicia e a riqueza das vilas mariñeiras.

