Esta exposición recolle a biografía de Daniel Pazó, os seus traballos e a súa tenacidade. Produto da súa intelixencia e dotes de observación inventa, entre outras cousas, o casulo para as nasas da pesca do polbo (motivo central da exposición), invento que chegou a patentar pero que finalmente non puido rexistrar por carecer de medios económicos para facer efectiva a patente.
A idea do casulo veulle pola necesidade de manter o cebo máis seguro dentro da nasa, ao decatarse de que boa parte delas quedaban valeira ao pouco de introducilas no mar.
Actualmente o uso do casulo está xeneralizado en todos os portos de Galicia.
A exposición compleméntase con un casulo moderno xigante de 1m2, outro casulo a tamaño real, os primeiros casulos que construíu Daniel con rede metálica, e unha nasa antiga que amosa a forma de colocar o cebo antes de invento do casulo casulo
- Número de paneis: 6
- Formato: Autoenrrolable
- Medidas dos paneis: 84 x 200 cm
- Peso dos paneis: 1,5 Kg c/u aproximadamente
- Soporte dos paneis: Propio
- Apto para: Interior