Fasquía 3D

Trátase dunha exposición activa e portátil, na que se vai reproducir parte do traballo feito no proxecto “Fasquía 3D” de innovación tecnolóxica na súa categoría de innovación didáctica, premiado pola Consellería de Educación na convocatoria de 2021.

Este traballo consiste na elaboración dunha colección de tipoloxías de embarcacións tradicionais galegas en formato STL para impresora 3D.

A exposición é activa en tanto alá onde estea instalada vai estar fabricando esas maquetas e modelos á vista do público. É portátil porque está deseñada para embalarse nunha caixa de xeito que se poida mover con facilidade, sen máis requisitos que unha toma de alimentación de rede eléctrica e un espazo duns 8 metros cadrados.

Está organizada e producida pola Asociación Cultural Os Patexeiros de Sada, coa colaboración de Culturmar e financiada pola Consellería do Mar.

Web do proxecto Fasquía3D

  • Número de paneis: 2
  • Formato: Lona enrollable + Impresora 3D en producción + Materiais prefabricados
  • Apto para: Interior

Galeria de imaxes

    DATOS DA EXPOSICIÓN

    Data de inicio *

    DATOS DA ENTIDADE SOLICITANTE

    Data prevista de recollida *