Falando coa xente que acudíu a Muros, e fora dos pequenos detalles que sempre suceden, en xeral todos están de acordo en que foi un completo éxito. O tempo acompañou, o sitio é inigualable, a comida boa e había moitos barcos.
Pero todos cos que falamos din o mesmo, a xente de Muros, de Lira, de Esteiro, de Abelleira e da contorna, foron realmente moi acolledores. Non só non houbo ningún incidente reseñable, cousa normal cando se xunta tanta xente, senón que a amabilidade, a capacidade de facer que non te sintas de fora, foi algo fora do normal.
Os que dalgún xeito participamos na organización tamén podemos decir que desde o primeiro momento todo foron facilidades, mostrando unha actitude proactiva impresionante.
A arma secreta de Muros é a súa xente. Moitas foron as persoas que traballaron, non podemos decir aquí o nome de todas porque sería case todo o pobo, moitas as que dalgunha forma perderon do seu para que o Encontro fose a adiante, pensamos nos mariñeiros que cederon o seu atraque para os barcos, nos veciños que viron complicada a súa vida pola cantidade de xente, no ruído que seguro algúns tiveron que sufrir, nos operarios municipais que traballaron moito máis do que era o seu deber e sempre cunha boa cara, nos veciños que engalanaron as súas rúas, nos moitos voluntarios antes, durante e despois do Encontro. En resumen moito traballo.
Nas fotos de arriba podedes ver o traballo nunha das prazas da vila e na outra cando xa case estaba rematado. Pensade que moitos dos obxectos que se ven son pezas moi antigas, que houbo que localizar, montar, coidar e logo recoller, o traballo máis ingrato e que nunca sae nas fotos.
A Federación quere mostrar o seu agradecemento a todos os que axudaron a que este Encontro saise adiante.
Un comentario sobre “A arma secreta de Muros”
Comments are closed.
Pola miña parte e por parte dos mariñeiros familia e amigos do Lajareu, quero sumarme a ese agradecemento e a esa admiración pola xente de Muros e da volta. Máis que quedar un bo sabor de boca ao deixar Muros, o sabor embriagounos desde o primeiro dia. Estabamos alí, participando e disfrutando de todo e ramos perfectamente conscientes do estupendamente que nos estaban acollendo. Todo arredor era entusiasmo e ilusión. E todos eran conscientes do ben e bonito que saia todo e da ilusión colectiva que se vivía a cada paso.
A miña verborrea habitual non chega para plasmar estas sensacións de alegría e benestar vividas e compartidas colectivamente. Non esaxero.
O meu agradecemento exténdese non só aos veciños de Muros e bisbarra (con especial mención aos da Abelleira), senón tamén ás suas asociacións e todo tipo de movementos nos que se organiza colectivente toda esta xente. Porque para ilusionar e activar a tanta xente en “tamaña” empresa colectiva non cabe dúbida de que debe existir un tecido social e asociativo cohexionado e activo con capacidade para explicar, transmitir, e mover á cidadanía á participación de xeito tan notable. Tecido asociativo integrado e conformador da propia comisión organizadora que foi, sen dúbida, o acerto fundamental desta edición dos Encontros.
Unha aperta de agradecemento e felicitación, por tanto, aos membros da Comisión que soubo ser cabeza e referente para todos deste proxecto e este éxito.
E se o comentario me quedou moi entusiasta e rimbombante dame igual: levo cinco dias en terra e ainda non arriei do barco de Muros.