A Aula do Mar de Cariño. Activando o patrimonio do mar




O Concello de Cariño rescatou do desguace ao Artal, unha tarrafa, e creou a Aula do Mar, un barco no que se fan saídas para coñecer o entorno de Ortegal, unha das zonas máis virxes e imponentes da costa europea.
Púxose especial coidado en manter as características do barco do cerco de forma que os usuarios poidan darse unha idea de como era o traballo abordo, sen por outro lado minguar a seguridade necesaria.
As saidas son en fin de semana, unha cara o norte buscando Ortegal e outra cara o sur buscando Herbeira.
Tamén se organizan saídas especiais para observación de aves mariñas a máis de 10 millas da costa, cun resultado moi bo.
Para informarse sobre prezos e horarios hai un teléfono de contacto 626483350 e o correo auladomar.concellodecarino@yahoo.es.
(Vía VeranoMóvil)